Facer posible o imposible

Etiquetas

, , , ,

Xaneiro de 2013. Asamblea Xeral da A.C. “Irmandinos de Moeche”. Entre outras cousas toca aprobar a memoria de actividades e o presuposto previsto de gastos e ingresos. Dos 40 socios só uns poucos poden asistir á reunión. O debate centrase en se podemos organizar ou non a 34ª edición do Festival Irmandiño, porque os recursos económicos son poucos e empezan a fallar tamén os humanos. Varios dos compañeiros que mais traballaron nas últimas edicións teñen que abandonar por motivos laborais. E os que quedan tampouco preven ter moita dispoñibilidade. A presidenta está en lista de espera para que lle operen unha lesión de ombro que leva anos arrastrando;  a secretaria, conta os días que lle faltan para o parto e non é a única embarazada do grupo; outro dos compañeiros está preocupado porque á súa nai diagnosticaronlle un cancro de mama. Tras 2 horas de reunión decídese por escasa maioría seguir adiante co festival. Xa veremos como saímos desta.

Ser Irmandiño

Sábado 17 de agosto de 2013. Dez e media da noite. Unha ducia de persoas traballan dentro da barra servindo cañas e preparando bocadillos. Algúns apenas durmiron porque a noite anterior fixeron o mesmo durante a repichoca. A poucos metros a compañeira Loli, que botou todo o día no Castelo a cargo da exposición de traxes tradicionais, vende camisetas e outros productos de merchandising. Todos miran hacia o ceo porque por un momento parece que empezan a caer gotas. A chuvia pode significar o golpe de gracia para o festival. Temos case 30.000 euros de gastos e entre as axudas do Concello de Moeche e a Diputación da Coruña non cubrimos nen o 20%. ¿E a Xunta de Galiza? pregunta alguén. Pois coma sempre, nen está nen esperamos ningunha axuda. Así que hai que tirar moitas cañas e vender moitas camisetas para non quedar “empufados” e que, coma xa ten acontecido noutras edicións, a pirotecnia Millarengo ou a empresa Bouza tarden 2 anos en cobrar.

Mentres, outro compañeiro da asociación, discute coa empresa encargada do son e con algún músico porque os retrasos están impacientando ó público e causando un enfado máis que comprensible nos responsables de Ariños dos Carrís e as rapazas de Bulebule Vintage, que levan horas preparados para bailar. Se isto segue así  teremos que cancelar algunha actuación e unha parte do público vai escapar sen ver o Asalto ao Castelo e o esperadísimo pregón do coñecido actor Javier Gutiérrez. Alguén comenta desesperado que todo o que pode saír mal está a saír mal. Pero alí está María, a presidenta, que ten os dedos queimados de preparar lomo e panceta na parrilla para os bocadillos, para insuflar ánimo. “Tranquilos, respirade profundamente, que todo vai saír ben”.

Ás 6 da mañá, cando os rapaces de MacMardigans están tocando as últimas pezas, José Costa, o promotor portugués que fixo posible que Beltaine viñera dende Polonia a este recuncho chamado Moeche, ven a despedirse e darnos as grazas por todo. Non pode crer que un grupo tan pequeno de xente, sen apenas axuda institucional, sexa capaz de sacar adiante un festival deste tipo.

Luns, 19 de agosto. Toca recoller o lixo para que as vacas e os cabalos volten a pacer nas fincas que os veciños nos deixaron para zonas de acampada, parking e concertos. E tamén toca facer un primeiro balance económico. Ao final semella que a xente entendeu o noso lema: “Consume na barra, colabora co festival”. Seguramente a peza non vai dar para o tacón, pero o pufo non será moi grande e coas aportacións dos socios e algunha actividade que se nos ocorra para recada cartos poderemos facer fronte a todos os gastos. Pero queda un certo sabor amargo, porque da rabia non poder facer as cousas millor, sen retrasos, sen fallos. Seguramente será o cansancio, pero algúns seguen prantexando se será posible facer o  Festival Irmandiño en 2014. Ata que punto valen a pena tantos quebradeiros de cabeza?

Pola noite entramos nas redes sociais da internet e vemos que no Facebook alguén deixou un comentario que nos arranca un sorriso. “Grazas por facer posible o imposible un ano mais”. Prememos no “Gústame”.

Grazas a todos os que nos axudades a sacar adiante o Festival Irmandiño, ós veciños que nos deixan as fincas, ás pequenas empesas que aportan os cartiños necesarios para botar a andar o festival; grazas a eses “voluntarios forzosos” que nos axudaron a atender a barra; grazas ós que se rascaron os petos para mercar camisetas, tomarse unha caña ou comprar unha rifa.

En definitiva, GRAZAS POR FACER POSIBLE O IMPOSIBLE.

Exposicións no Castelo de Moeche

Etiquetas

, , , , , , , , , , , , , , ,

Como cada ano o Festival Irmandiño aposta pola cultura e a tradición da nosa terra organizando unha exposición ou acto (segundo os medios cos que conte) no Castelo de Moeche.

Cos medios posibles intentamos apostar polas nosas tradicións e artistas, o ano pasado coa obra da compañía “Carrachanacacha” e a exposición de Xoán Braxe, este ano coa exposición de traxes tradicionais.

Ese día a entrada é gratuíta así que invitamos a maiores e pequenos a que pasen a gozar e imaxinarse dentro das murallas do castelo como se vivía entón, trasladarse a esa época e por un momento darlle ás á imaxinación e sentirse irmandiño pedindo a Andrade todo aquilo arrebátoos.

Deixámosvos cun pequeno video de mostra e esperamos a vosa visita, porque á parte desta haberá máis actividades (para todo tipo de idades e para gozar cos amigos e familia) e todo iso gratuíto.

Vascho perder?

Javier Gutiérrez, pregoeiro do Asalto ó Castelo.

Etiquetas

, , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Javier Gutiérrez, un dos actores galegos de maior éxito fará a lectura do pregón do Asalto ó Castelo.

Filmografía en Wikipedia

Javier Gutiérrez, asturiano de nacemento pero ferrolán de adopción, é un actor cunha ampla e exitosa traxectoria teatral e televisiva.  O seu rostro é moi coñecido pola sua participación en varias series de enorme éxito entre as qu

e destacan Los Serrano e sobre todo Aguila Roja onde leva anos interpretando o papel de Satur. No cine ten aparecido en comedias de gran éxito como El asombroso mundo de Borjamari y PocholoEl otro lado de la camaDías de fútbol, El penalti más largo del mundo,Torrente 3. O tamén actor Carlos Iglesias deulle un dos papeis protagonitas na súa primeira película como director: Un franco, 14 pesetas.

Pero quizaves onde ten acadado o maior recoñecemento profesional é no teatro, onde obtivo entre outros o prestixioso Premio Max polo seu papel en Argelino, servidor de dos amos. Destacan tamén os seus traballos coa compañía Animalario, como por exemplo Alejandro y Ana. Todo lo que España no pudo ver sobre la boda de la hija del presidente.

Deixámosvos co seguinte vídeo como mostra da súa grande interpretación na serie de Aguila Roja, onde nos permite facernos unha mellor idea de como o tiveron que pasar os nosos antepasados nasrevoltas irmandiñas por estas terras.

Airiños dos Carrís: dando difusión ao noso folclore galego

Etiquetas

, , , , , , , , ,

Que vos imos contar deste grupo que non saibades se levan dende 1987 colaborando coa difusión do folclore galego, non só coa aprendizaxe e actuacións do seu propio grupo senón tamén organizando o encontro de grupos tradicionais que este ano é o 24 de Agosto.

Compóñeno aproximadamente 25 membros que van dende os 6 aos 38 anos e catro profesores para guialos. Este ano fixo un pequeno salto ás novas tecnoloxías polo que podedes seguir as súas actuacións en Facebook, twitter @Carris_Cerdido e youtube; todo iso para dar ao folclore galego o posto que se merece, para que non desapareza polo seu valor histórico, e sexa trasmitido e difundido por todos os medios ao noso alcance.

Actuaron no Festival de Ortigueira deste ano… Vas deixar pasar esta oportunidade?

Airiños dos Carrís

MACMARDIGANS: a música irlandesa que chega dende terras de Castela.

Etiquetas

, , , , , , , , , , , , , , , ,

A principios do 2011 un grupo de rapaces xuntanse en Illescas (Toledo) coa idea de montar unha banda de folk irlandés influenciados por grandes artistas como The Dubliners ou Clancy Brothers. Comenzan a súa andaina por escenarios de Toledo e Madrid onde empezan a facerse un nome.

A finais do 2012 únese ó grupo o músico galego Toni de Lamas completando co seu acordeón  unha banda formada por José Ramón (Tin Whistle), Susana (clarinete), Mauricio (Bodhran), Chechu (banxo, baixo eléctrico e voz), Miguel (violín, mandolina e voz) e Candi (guitarra, bouzouki e voz).
En febreiro deste 2013 editan o seu primeiro disco: Slainte! 

Podedes seguídeos en Facebook, a súa canle de Youtube e en twitter en @Macmardigans.

Investigade e gozade da súa música que pronto lles veremos en directo!

Macmardigans

Beltaine, un dos grupos folk máis importantes de Europa.

Etiquetas

, , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Se o ano pasado tivemos o pracer de gozar da actuación de Fred Morrison e Matheu Watson este ano noso humilde festival tamén ten no seu cartel un dos grupos folk máis importantes de Europa.

Beltaine é sen dubida o grupo folk máis interesante de Polonia cun son propio, grazas á habilidade rara e valente de mesturar música celta tradicional con música moderna. Tamén se caracterizan por empregar infinidade de instrumentos (violín, bouzuki, mandolina, chifres, bodhran, acordeón, gaitas, guitarra,…….) Os seus concertos son todo un espectáculo tanto pola profesionalidade e vistuosismo dos seus músicos como pola paixón, alegría, espontaneidade e a interactuación co público.

O  grupo naceu no ano 2002 e está composto por:

Adam Romanski – fiddle; Grzegorz Chudy – whistle, voz, acordeón, bombard, bansuri; Lukasz Kulesza – guitarra acústica; Bartlomiej Dudek – guitarra; Jan Kubek – tabla, caixón, djembe; Jan Galczewski –  bouzouki, banjo,guitarra eléctricar, gaitas, bodhran y Mateusz Sopata – batería.

Seguídeos na súa páxina de Facebook ou picar na imaxe de abaixo e conduciravos á súa páxina web onde poderedes coñecer un pouco máis deles.

Beltaine

Os Cempés: máis de 20 anos de música e festa

Etiquetas

, , , , , , , , , , , , , ,

A unha escasa semana de que teña lugar o noso festival podémonos a analizar pouco a pouco o programa deste ano.

Poderíamos encher centos de liñas contando a historia dos Cempés pero non seríamos capaces de  describir o que un sinte disfrutando dun dos seus concertos, xa sexa nun pub, nunha festa patronal ou no escenario dalgún festival multitudinario. Así que nos limitamos a invitarmos a disfrutar da súa música o vindeiro día 17 de agosto.

O seu último traballo é TENTEMOZO, unha nova gravación na que participan máis de 50 artistas entre músicos, técnicos e creativos. Neste disco Os Cempés atopan novos camiños sonoros e recrean con novos timbres o seu propio son característico e único.
O repertorio é unha selección de músicas para bailar, as máis fermosas coplas e as mellores melodías do cancioneiro popular, arranxadas polo propio grupo agás novas composicións. O son de TENTEMOZO é unha exaltación do carácter acústico dos instrumentos populares, nunha sucesión de temas con arranxos que van dende o máis íntimo ao máis orquestrado, música da Terra para comezar unha revolución, e tamén para namorar, para bailar sen parar toda a noite, para rir, para sentir sensacións de tempos pasados ou como banda sonora dos presentes.

Os Cempés son na actualidade:

Antón Varela:  Gaitas; Serxio Ces:  Voz, bombo, pandeireta e asubío; Ramón Dopico: Percusións; Pablo da Lama:  Saxos e clarinete; Fernando Barroso:  Bouzouki; y Oscar Fernández: Zanfona e Voz.

Para máis información podedes visitar a Facebook ou seguilos en twitter @OsCempes.

Os Cempés, páxina web

Unha parte da súa discografía

Cartel XXXIV Edición Festival Irmandino de Moeche

Etiquetas

, , , , , , , , , , , , ,

A falta de 3 meses para a celebración do festival comprácenos dar a coñecer o cartel anunciador do XXXIV Festival Irmandiño: o traballo presentado por Roi Sóñara.

XXXIV Festival Irmandiño de Moeche

Grazas todos os que participaron no concurso e parabéns ao merecidísimo gañador.

Felis Día das Letras Galegas!

Primeiro Aniversario

Etiquetas

, , , , , , , , , , ,

Un ano atrás Irmandiños que mergullo no mundo das novas tecnoloxías e para conmemorar este día, o día da nosa lingua, debemos anunciar os gañadores do noso concurso. Cando naceu a Asociación Cultural “Irmandiños de Moeche” decidimos incluír como finalidade nos  estatutos a  Promoción, divulgación, defensa e fomento do idioma galego”. E non quixemos  que esas verbas   quedaran só como unha frase valeira e protocolaria para cumprir coa burocracia. Así que decidimos facer unha pequena contribución á defensa da nosa lingua convocando o I Concurso de RelatoRelatos Irmandiñoss Irmandiños, un modesto certame dotado con 100 euros de premio no que os participantes tiñan que deixar voa a súa imaxinación pola historia das Revoltas Irmandiñas.  Ao principio tiñamos medo de que a xente non se animase a participar pero  pouco a pouco foron chegando os relatos, na súa maioría escritos por estudantes de ESO  e Bacharelato, o que nos da esperanzas de que o galego ten futuro.

O xurado tivo moi díficil  elexir o gañador e tras longas deliberacións decidiu que o millor era conceder o premio “ex aequo” ós  relatos “O traidor” de Baltar Bouza e “Irmandiños Revoltos” de Saray Díaz Canosa. A historia  de Baltar conquistounos pola súa capacidade de manter a intriga ata o final e emocionounos o xeito en que Saray  amosa as Revoltas a través dos ollos dunha rapaciña de 12 anos.  Agardamos que vos gusten tanto como ao xurado e esperamos poder seguir convocando o certame e que cada ano sexa máis díficil elexir o gañador porque sexan moitos e moi bós os relatos a concurso…..En todo caso, grazas ós que participaron nesta primeira edición.

Feliz Día das Letras Galegas!!

Colaborar na Festival Irmandiño

Tras máís de 30 anos de festa, promoción da nosa cultura e reinvindicación histórica, o Festival Irmandiño corre perigo de desaparecer xa que a entidade organizadora, a Asociación Cultural “Irmandiños de Moeche” non conta cos medios humanos suficientes para levar a cabo un evento da envergadura do festival, que atrae cada edición a milleiros de asistentes.

Dende 1980 a organización tivo que facer fronte a grandes dificultadesFestival Irmandiño te necesita económicas, derivadas en  parte da ausencia de axudas institucionais. Pero grazas á colaboración do público asistente, á axuda dos veciños e á compresión que amosaron algunhas das empresas dispostas a aprazar os cobros cando non dispoñíamos de diñeiro, tiramos sempre para diante. Na actualidade podemos presumir dunha situación económica razoablemente boa, porque logramos solventar as últimas edicións sen déficit de cartos. Pero lamentablemente non contamos cun número suficiente de persoas dispostas a traballar, xa que varios dos compoñentes do grupo de traballo encargado de organizar o festival teñen que afrontar novos retos persoais e laborais que lles impiden seguir participando de xeito activo na organización. Polo tanto, se non contamos con xente nova disposta a tomar o relevo, o Festival Irmandiño deixará de celebrarse. Así que pedimos a vosa colaboración para evitar que isto aconteza.

Pode contactar connosco de varias formas: por correo (f.irmandino@yahoo.es e irmandinos.moeche@gmail.com), en “Contacto” ou as nosas varias redes sociais (Facebook e Twitter). Ademais, podes facerte membro da A. C. Irmandiños de Moeche no “Ser Irmandiño” facer a descarga do modelo e facelo chegar ao enderezo anterior. E, finalmente, pode colaborar na barra de consumir o festival sempre que é o noso principal medio de subsistencia.

Coa súa axuda imos conseguir, polos seus anos de festival … e para os que ten que ir.