Hoxe é un día moi especial: o Día da Patria Galega. E para celebralo queremos que coñezades un pouco millor o prato forte do XXXIII Festival Irmandiño: o dúo de músicos escoceses Fred Morrison&Matheu Watson. Para nós é un auténtico luxo contar con quenes están considerados dous dos millores intérpretes da música celta.
Fred Morrison está considerado pola crítica o millor gaiteiro do mundo, gañador de sete edicións do Trofeo Mcallan no Festival de Lorient e medalla de ouro en Oban e Inverness no esixente circuíto de composición de gaita escocesa. Desenvólvese con maestría e inspiración, tanto con gaitas escocesas (Highland e Border) como coa irlandesa (Uilleann pipe) ou a frauta. Este talento único foi aclamado no mundo enteiro, testemuñando en cada unha das súas actuacións o seu profundo espírito musical e os anos de adicación.
A evocativa interpretación das melodías gaélicas executadas ten as súa orixe na tradición gaiteira das illas Hébridas de Escocia, onde comezou musicalmente da man de seu pai, instrumentista e xuíz das competicións de gaiteiros no seu país. Despois de anos como solista, uniuse a grupos como Capercaillie e Clan Alba e foi fundador do grupo gaélico Ceolas. Amosa enerxía e estilo altamente improvisado, no que combina a tradición da gaita gaélica con influencias contemporáneas e ecléticas. De feito, a súa música foi descrito nalgunha ocasión como “o máis preto de jazz que se pode escoitar nunha gaita escocesa”.
Fred Morrison Facebook
Fred Morrison Twitter

Fred Morrison & Matheu Watson
Matheu Watson, múltiple instrumentista e compositor, está considerado un dos millores músicos en Escocia, recentemente recoñecido polas nomeamentos para “Best Artist Up and Coming” nos “2009 Scots Trad awards”. Máis coñecido como habitual compañeiro de Fred Morrison, Matheu viaxou en 2010 para a remota illa de Berneray para gravar o seu primeiro álbum en solitario. O disco está composto por material orixinal e contemporáneo e conta coa colaboración dunha impresionante variedade de bos amigos e representa o culminar da experciencia de Matheu, as súas viaxes e colaboracións dos últimos catro anos e é o primeiro paso para o que é certamente un prometedor viaxe.
Ao longo dos anos colaborou cun gran número de prestixiosos músicos e grupos, entre os que destacan: Anna Wendy Stevenson, Fred Morrison, Anxo Lorenzo, Ainslie Ross e Henderson Jarlath, Salsa Céltica, Bagad Kemper, Paddy Keenan, Iain MacDonald, Siobhan Miller e Jeana Leslie, participando en numerosas xiras por Europa, incluíndo España, Francia, Alemaña, Irlanda, Rusia, Lituania, Letonia e Reino Unido. Participou en varios programas e series de televisión e proxectos de gravación de varios músicos como Anna Wendy Stevenson, Dr Angus MacDonald e máis recentemente no albums de “Outlands” Fred Morrison, tamén con Ron Block, O’Brien e Tim Martin O’Neill.
Web Matheu Watson
Matheu Watson Twitter