Etiquetas
As Pontes, “música de taberna”, Bombo, Clarinete, Ferrolterra, Festival Irmandiño, Frauta traveseira, Gaitas, galegos, Galicia, irmandiños, música tradicional, Moeche, Panndeireta, Pasarrúas, Tambor, Vellos Gaiteiros, Zanfona
Cando xa estamos a menos dun mes para disfrutar da 33ª edición do Festival Irmandiño, imos ir pouco a pouco presentando os grupos que van participar este ano. Empezaremos por No Cómbaro……
No Cómbaro (As Pontes)
Compoñentes: Aurora (bombo), Carlos (clarinete), Manolo Lamas (gaita), Manolo Seijo (zanfona), Mari (panndeireta), María (tambor), Raquel (gaita é percusión) e Raúl (frauta traveseira e gaita).
De ónde veñen? O grupo de música tradicional No Cómbaro fórmase en As Pontes (A Coruña) no ano 2003, empezando a súa traxectoria como cuarteto tradicional con dúas gaitas, tambor é bombo. Co transcurso dos anos fóronse incorporando outros instrumentos como a zanfona, a frauta traveseira e o clarinete hasta completar a formación actual composta por oito membros.
Os inicios das súas actuaciones foron coas Alboradas e os Pasarrúas, percorrendo as comarcas do Eume, Terra Chá e Ferrolterra. Participaron tamén en diversos festivais da zona. Desprazáronse no ano 2006 ata a localidade bretona de Lesneven. No ano 2007 participaron no 6º festival folclórico de Rio Tinto (Portugal), no ano 2010 asistiron as “III Jornadas de Música Tradicional del Bierzo”, e no 2011 viaxaron a Andalucía para participar no 29º Festival Internacional de Cádiz.
Qué fan? Eles mesmos definen a súa música como “música de taberna”, pero con este proxecto, ademais de disfrutar, intentan divulgar, dignificar e manter viva a esencia da música tradicional galega, dándolle un estilo propio pero mantendo e conservando o repertorio tradicional dos “Vellos Gaiteiros”.