Etiquetas

, , , , , , , , , , , , , , , , ,

Xosé Barato é unha das caras (e das voces) máis coñecidas do audiovisual galego. Leva participado en varias series emitidas pola televisión autonómica, entre as que destacan “Cuarto se ascensor”, “Os Atlánticos”“Matalobos” e “Mar libre”. Tamén traballou en “El secreto de Puenteviejo”, unha das series diarias de maior audiencia da televisión estatal.

Pero non só de series de televisión viven os actores. E Xosé ten tamén unha longa carreira no teatro e no cinema. Neste último campo hai que destacar as longametraxes Septembro, 18 comidas, Retornos e Doentes.

Sen emabargo, quizaves o seu rostro e a súa voz resulten familiares a moitos galegos por ter sido o presentador do programa divulgativo Historias de Galiza, labor que o fixo merecedor do  premio Mestre Mateo ó millor comunicador no ano 2007. Voltaría a gañar este prestixioso galardón no 2009 polo programa A miña famosa familia.