Tras máís de 30 anos de festa, promoción da nosa cultura e reinvindicación histórica, o Festival Irmandiño corre perigo de desaparecer xa que a entidade organizadora, a Asociación Cultural “Irmandiños de Moeche” non conta cos medios humanos suficientes para levar a cabo un evento da envergadura do festival, que atrae cada edición a milleiros de asistentes.

Dende 1980 a organización tivo que facer fronte a grandes dificultadesFestival Irmandiño te necesita económicas, derivadas en  parte da ausencia de axudas institucionais. Pero grazas á colaboración do público asistente, á axuda dos veciños e á compresión que amosaron algunhas das empresas dispostas a aprazar os cobros cando non dispoñíamos de diñeiro, tiramos sempre para diante. Na actualidade podemos presumir dunha situación económica razoablemente boa, porque logramos solventar as últimas edicións sen déficit de cartos. Pero lamentablemente non contamos cun número suficiente de persoas dispostas a traballar, xa que varios dos compoñentes do grupo de traballo encargado de organizar o festival teñen que afrontar novos retos persoais e laborais que lles impiden seguir participando de xeito activo na organización. Polo tanto, se non contamos con xente nova disposta a tomar o relevo, o Festival Irmandiño deixará de celebrarse. Así que pedimos a vosa colaboración para evitar que isto aconteza.

Pode contactar connosco de varias formas: por correo (f.irmandino@yahoo.es e irmandinos.moeche@gmail.com), en “Contacto” ou as nosas varias redes sociais (Facebook e Twitter). Ademais, podes facerte membro da A. C. Irmandiños de Moeche no “Ser Irmandiño” facer a descarga do modelo e facelo chegar ao enderezo anterior. E, finalmente, pode colaborar na barra de consumir o festival sempre que é o noso principal medio de subsistencia.

Coa súa axuda imos conseguir, polos seus anos de festival … e para os que ten que ir.