A Asociación Cultural “Irmandiños de Moeche” entidade organizadora do Festival Irmandiño de Moeche ten entre as súas finalidades a promoción da cultura e a defensa e difusión do idioma galego e para iso crea diferentes concursos e actividades.
Os recursos son escasos, estes tempos non son os mellores para o gasto; pero o espírito co que naceu o Festival e a loita dos irmandiños debe seguir nesta e máis edicións. Pola nosa banda adaptámonos aos novos tempos e as novas tecnoloxías… e o teu, anímaste a participar?