• Quen somos?
  • Novas
  • Historia
    • I a IX Edición
      • I Edición
      • II Edición
      • III Edición
      • IV Edición
      • V Edición
      • VI Edición
      • VII Edición
      • VIII Edición
      • IX Edición
    • X a XIX Edición
      • X Edición
      • XI Edición
      • XII Edición
      • XIII Edición
      • XIV Edición
      • XV Edición
      • XVI Edición
      • XVII Edición
      • XVIII Edición
      • XIX Edición
    • XX a XXIX Edición
      • XX Edición
      • XXI Edición
      • XXII Edición
      • XXIII Edición
      • XXIV Edición
      • XXV Edición
      • XXVI Edición
      • XXVII Edición
      • XXVIII Edición
      • XXIX Edición
    • XXX a XXXIII Edición
      • XXX Edición
      • XXXI Edición
      • XXXII Edición
      • XXXIII Edición
  • Roda
  • Programación
  • Concursos
    • I Relatos Irmandiños
    • Carteis para o XXXIV Festival
  • Merchandaising
  • Ser Irmandiño
  • Contacto

Festival Irmandiño de Moeche

~ XXXIV Edición

Festival Irmandiño de Moeche

Category Archives: Uncategorized

Primeiro Aniversario

17 Venres Mai 2013

Posted by festivalirmandino in Uncategorized

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Castelo de Moeche, concurso, Día da Patria Galega, Día das Letras Galegas, Festival Irmandiño, galego, galegos, Galicia, Galiza, irmandiños, Moeche, relatos

Un ano atrás Irmandiños que mergullo no mundo das novas tecnoloxías e para conmemorar este día, o día da nosa lingua, debemos anunciar os gañadores do noso concurso. Cando naceu a Asociación Cultural “Irmandiños de Moeche” decidimos incluír como finalidade nos  estatutos a  “Promoción, divulgación, defensa e fomento do idioma galego”. E non quixemos  que esas verbas   quedaran só como unha frase valeira e protocolaria para cumprir coa burocracia. Así que decidimos facer unha pequena contribución á defensa da nosa lingua convocando o I Concurso de RelatoRelatos Irmandiñoss Irmandiños, un modesto certame dotado con 100 euros de premio no que os participantes tiñan que deixar voa a súa imaxinación pola historia das Revoltas Irmandiñas.  Ao principio tiñamos medo de que a xente non se animase a participar pero  pouco a pouco foron chegando os relatos, na súa maioría escritos por estudantes de ESO  e Bacharelato, o que nos da esperanzas de que o galego ten futuro.

O xurado tivo moi díficil  elexir o gañador e tras longas deliberacións decidiu que o millor era conceder o premio “ex aequo” ós  relatos “O traidor” de Baltar Bouza e “Irmandiños Revoltos” de Saray Díaz Canosa. A historia  de Baltar conquistounos pola súa capacidade de manter a intriga ata o final e emocionounos o xeito en que Saray  amosa as Revoltas a través dos ollos dunha rapaciña de 12 anos.  Agardamos que vos gusten tanto como ao xurado e esperamos poder seguir convocando o certame e que cada ano sexa máis díficil elexir o gañador porque sexan moitos e moi bós os relatos a concurso…..En todo caso, grazas ós que participaron nesta primeira edición.

Feliz Día das Letras Galegas!!

Colaborar na Festival Irmandiño

16 Sábado Mar 2013

Posted by festivalirmandino in Uncategorized

≈ Deixar un comentario

Tras máís de 30 anos de festa, promoción da nosa cultura e reinvindicación histórica, o Festival Irmandiño corre perigo de desaparecer xa que a entidade organizadora, a Asociación Cultural “Irmandiños de Moeche” non conta cos medios humanos suficientes para levar a cabo un evento da envergadura do festival, que atrae cada edición a milleiros de asistentes.

Dende 1980 a organización tivo que facer fronte a grandes dificultadesFestival Irmandiño te necesita económicas, derivadas en  parte da ausencia de axudas institucionais. Pero grazas á colaboración do público asistente, á axuda dos veciños e á compresión que amosaron algunhas das empresas dispostas a aprazar os cobros cando non dispoñíamos de diñeiro, tiramos sempre para diante. Na actualidade podemos presumir dunha situación económica razoablemente boa, porque logramos solventar as últimas edicións sen déficit de cartos. Pero lamentablemente non contamos cun número suficiente de persoas dispostas a traballar, xa que varios dos compoñentes do grupo de traballo encargado de organizar o festival teñen que afrontar novos retos persoais e laborais que lles impiden seguir participando de xeito activo na organización. Polo tanto, se non contamos con xente nova disposta a tomar o relevo, o Festival Irmandiño deixará de celebrarse. Así que pedimos a vosa colaboración para evitar que isto aconteza.

Pode contactar connosco de varias formas: por correo (f.irmandino@yahoo.es e irmandinos.moeche@gmail.com), en “Contacto” ou as nosas varias redes sociais (Facebook e Twitter). Ademais, podes facerte membro da A. C. Irmandiños de Moeche no “Ser Irmandiño” facer a descarga do modelo e facelo chegar ao enderezo anterior. E, finalmente, pode colaborar na barra de consumir o festival sempre que é o noso principal medio de subsistencia.

Coa súa axuda imos conseguir, polos seus anos de festival … e para os que ten que ir.

II Roda Irmandiña

19 Martes Xuñ 2012

Posted by festivalirmandino in Roda, Uncategorized

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

3 probas, Castelo de Moeche, ciclismo, duas rutas, Festival Irmandiño, froitos da terra, II Roda Irmandiña, irmandiños, Moeche, presentación, Regulamento Roda, Roda Irmandiña, ruta en bicileta, Sacho Irmandiño, test cultural

Cando no ano 2011 a Asociación Cultural “Irmandiños de Moeche” se fixo cargo  do Festival Irmandiño pensamos que sería boa idea facer un acto de presentación da 32ª edición aproveitando o magnífico marco que nos proporciona o Castelo de Moeche.  Pero preguntabámonos como poder atraer mais público á presentación, xa que ó ser o primeiro ano que a organizabamos temíamos que o noso poder de convocatoria fose mais ben escaso. E entón a un dos compañeiros da asociación, que é moi aficionado ó ciclismo, propuxo organizar unha ruta en bicileta pero dándolle un toque especial que nos diferenciase doutras probas similares que se organizan pola comarca. Falamos de facer probas de habilidade, preguntas sobre Moeche, sobre o castelo, a nosa historia e o Festival Irmandiño. E así naceu a I RODA IRMANDIÑA, organizada en apenas unha semana. Buscamos unha ruta polas estradas e camiños de Moeche, sinalizamos un percorrido de 15 km con mais imaxinación que medios, ideamos un test cunha ducia de preguntas e pensamos nun par de probas nas que había que demostrar maís humor que habilidade. E a pesares da precipitación obtivemos unha inesperada recompensa: unha gran afluencia de público e de participantes. Pero o millor foi ver que todo o mundo disfrutou dunha tarde de deporte, natureza e diversión. E os sorrisos que vimos na cara dos participantes  e as felicitacións que escoitamos animaronos seguir organizando a Roda Irmandiña.

Moeche

Este ano organizamos a II Roda Irmandiña o día 23 de xuño.Introducimos algunha novidade, como facer duas rutas, unha de 6 km asequible a persoas de todalas idades e condición física, e outra de 18 km, un pouco mais exixente, para maiores de 14 anos. Nesta última mantemos o mesmo esquema do ano pasado. Os participantes, en equipos de 2 persoas, deberán completar a ruta e enfrontarse a 3 probas e ó temido “test cultural”.

Esperamos repetir o éxito do ano pasado. Así que só vos podemos decir que von animedes a participar. Non vos podemos prometer grandes premios, que o noso presuposto non da para grandes alegrías. Pero tódolos participantes recibirán un pequeno agasallo e os gañadores faranse co “Sacho Irmandiño”, mítica arma esgrimida polos irmandiños do noso anagrama e tradicional ferramenta coa que arrancar os froitos da terra.

Deixámosvos este vídeo como mostra do ben que nolo pasamos o ano pasado… II Roda Irmandiña Moeche 2012 

Vascho perder? Aínda estás a tempo!  Regulamento Roda 2012

Visitas

contador de visitas
contador visitas

Para entendernos…

Fai clic para seguir este blog e recibir notificacións de novas mensaxes por correo electrónico.

Úneche a outros 11 subscritores

Tamén estamos no facebook

Tamén estamos no facebook

E no twitter

  • RT @OlloDixital: Recunchos de Galicia: Castelo de Moeche #irmandiños #castle #foto #photo facebook.com/ollodixital/ph… https://t.co/c51vEx4IhJ 7 years ago
Follow @FestivalMoeche

A. C. Irmandiños de Moeche

Como chegar

CONTA ATRÁS

Festival Irmandiño17/08/2013
O GRAN DÍA!!! ASALTO AO CASTELO!!!

ARQUIVO

  • Agosto 2013
  • Maio 2013
  • Marzo 2013
  • Xaneiro 2013
  • Decembro 2012
  • Setembro 2012
  • Agosto 2012
  • Xullo 2012
  • Xuño 2012
  • Maio 2012

Blog en WordPress.com.

Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
  • Seguir Seguindo
    • Festival Irmandiño de Moeche
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • Festival Irmandiño de Moeche
    • Personalizar
    • Seguir Seguindo
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Report this content
    • View site in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...