Historia

O Festival Irmandiño é un proxecto que naceu en 1980 como resposta á necesidade de proxectarnos como pobo con historia propia, como herdeiros duns galegos e galegas que, aló polo século XV, se rebelaron contra o poder establecido, contra unha situación social de opresión, abuso e miseria.

Os veciños e veciñas de Moeche desexaban naqueles primeiros anos da democracia contribuír, dende a cultura e a historia, a que Galiza tivese voz propia, como tivo noutros séculos. Deste xeito, o festival converteuse axiña nun referente cultural singular no país.

Á vez, eses primeiros organizadores tiñan outro motivo máis tanxíbel e máis próximo, conseguir que o castelo de Moeche non se deteriorase máis e se mantivese como símbolo do concello e da nosa historia. Hoxe en día, este obxetivo estase a cumprir grazas á constancia e entrega de moita xente implicada con este concello e con este país.

No ano 1980 un amplo grupo de homes e mulleres, de moi distintas idades e ligados por moi diferentes razóns ao concello de Moeche, déronlle voltas á idea de celebrar un festival que lembrase a Revolta Irmandiña, que sacudiu o noso país no século XV e da que o noso concello, e Ferroleterra, foi escenario significativo. A Revolta Irmandiña pódese considerar a primeira revolución social da vella Europa, na que o pobo se levanta en armas contra os nobres ante unha realidade social e económica grave.

Eran aqueles tempos, os 80, nos que o movemento asociativo adquiría forza nun contexto socio-político que vivía a un ritmo vetixinoso de cambios e transformacións. Nestas circunstancias a Asociación de Veciños “Castelo de Moeche” celebra o I Festival Irmandiño, co espíritu de non esquencer a nosa propia historia e a nosa existencia como pobo con cultura e lingua de seu.

Nestos máis de 30 anos de historia foron moitas as persoas e entidades que participaron e colaboraron coa  organización do festival, que logrou saír adiante, a pesar das moitas dificultades económicas polas que pasou, e se convertiu nun importante marco de promoción da cultura galega nos seus diversos eidos

A manifestación artística propia do Festival Irmandiño é a música folk, que nos anos 80 era un dos símbolos reivindicativos de Galiza. Pero tamén houbo espazo para outras artes: teatro, artesanía, etnografía, pintura, música coral, deseño (concurso de carteis), investigación (Premio de Investigación Histórica), etc.

Ademáis de promover a vida cultural do concello, o Festival Irmandiño supón unha importante promoción turística para Moeche, xa que ten unha ampla repercusión nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal e recibe asistentes de toda Galicia e doutras partes do estado e incluso ten recoñecemento noutos países como Irlanda ou Escocia.

A continuación ofrecemos un pequeno percorrido polos máis de trinta anos de historia do Festival Irmandiño.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s