IX Edición

IX FESTIVAL IRMANDIÑO

IX Festival Irmandiño de Moeche

19,20 e 21 de agosto de 1988

Súmase á organización a Agrupación Xuvenil RIANDOLA, composta por mozos e mozas de Moeche, e quen se encarga de levar a cabo durante os tres días que dura o festival a Feira de Artesanía e Etnografía que ten lugar no recinto da feira de San Ramón.

Na primeira xornada os asistentes puideron disfrutar da representación da obra “Da Vinci levaba razón” a cargo da Compañía de Teatro O MOUCHO CLERC e do concerto da CORAL DO CASINO MUGARDÉS.

Durante a segunda xornada o escritor MANUEL MARÍA leu un fermoso pregón, a continuación do cal actuaron os grupos: RIANDOLA, XACARANDAINA, A QUENLLA, RAÍCES (Portugal), MAREA BAIXA e BRATH.

O terceiro día a Feira de Artesanía e Etnografía vese completada polas actuacións ao longo de todo o día dos grupos: BANDA DE TARAGOÑA, Grupo Folclórico Municipal de Mugardos, FONTELONGA, B.G. Comarcal de Ferrol, GRUPO NÓS, AIRIÑOS DOS CARRÍS e RIANDOLA.

 

Organizou: A.VV. “CASTELO DE MOECHE”, Concello de Moeche e Agrupación Xuveníl RIANDOLA

Colaboraron: Deputación Provincial de A Coruña e Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s