Nestos tempos de crise resulta máis díficil ca nunca apelar á xenerosidade da xente. Miramos ó noso arredor e vemos parados, traballadores que cobran soldos míseros, pequenos empresarios que se deixan a pel para salvar os seus negocios familiares, xubilados que tras anos de partir o lombo traballando cobran pensións ridículas, enfermos que teñen que re-pagar os medicamentos, pais e nais que ven preocupados como a educación dos seus nenos se resinte polos recortes nos orzamentos, xóvenes a quen se lles di que só lles queda a emigración como fúturo,……E pensamos: “¿con que cara imos pedir a colaboración da xente para salvar o festival?”. Pero non nos queda outro camiño.
A día de hoxe non temos ningunha subveción concedida, algo que tampouco nos colle por sorpresa, porque nestos máis de 30 anos de historia de Festival Irmandiño foron moi poucas as edicións nas que contamos co favor das institucións. Nen sequera nos anos de “vacas gordas”, cando outros eventos recibían decenas de miles de euros (ou millóns das antigas pesetas) en forma de subvencións, cando se despilfarraban os cartos públicos en obxetivos moi dudosos, nen sequera entón a organización do festival contou coa colaboración das institucións. E se puidemos sobrevivir foi grazas á colaboración dos veciños de Moeche, das pequenas empresas e profesionais que nos axudan cos gastos publicitarios e, sobre todo, grazas ó público. Por enésima vez temos que facer ver que a maior parte do presuposto do Festival Irmandiño sae do que recadamos coa venda de merchandising (camisetas, pegatinas, sombreiros, ….) e, sobre todo, da venda de bebida e comida no toldo que a asociación cultural monta na zona dos concertos.
Así que vos pedimos un pequeno-gran esforzo para que os vindeiros días 17 e 18 de agosto merquedes moitas camisetas e consumades moita cervexa (ou auga ou refrescos ou o que vos apeteza) e recarguedes as baterías cun estupendo bocadillo mercado no noso toldo. E nós poñemos o traballo e a ilusión para que a xente difrute de concertos e outras actividades gratuitas e dispoña de zonas de acampada e aparcamentos completamente de balde.
¡¡Consume na barra, colabora co festival!!
