Etiquetas
Acordeón, As Pontes, Asalto ó Castelo, “música de taberna”, Castelo de Moeche, Festival Irmandiño, Frauta traveseira, Gaitas, galegos, Galicia, irmandiños, música tradicional, Moeche, Panndeireta
Entre lusco e fusco, cando o sol se vai, saímos do restaurado castelo de Moeche en dirección á carpa que ano tras ano monta a organización.Dentro do toldo os compañeiros da AsociaciónCultural “Irmandiños de Moeche” bulen entre sarténs, parrillas e barrís de cervexa. Voltamos a vista hacia os que están por fóra da barra e alí atopamos un montón de caras coñecidas de veciños, compañeiros e amigos. A algúns vemolos case a diario, outros de vez e cando, pero hai xente coa que hai anos que non coincidíamos. É a hora das apertas e os bicos, de poñernos ó día de cómo van as nosas existencias, de cómo conseguimos capear o temporal da famosa crise erirnos das canas que testemuñan o paso do tempo. De súpeto, nunha esquina,comenza a soar unha gaita e logo anímase un tambor e un par de panderetas. Sonos nosos amigos de No Cómbaro, ós que logo se unirán máis músicos e bailadores.O son da muiñeira trasladanos anos atrais, cando éramos uns pícaros e pasabamos toda a noite saltando e correndo dun lado a outro do campeiro, rogándolle ós nosos pais que nos deixaran quedar ata o final do festival. E por unhas horas esquencemosa crise, as preocupacións e as canas e voltamos a disfrutar dunha noite de música en Moeche. Afortunadamente hai cousas que non cambian……