• Quen somos?
  • Novas
  • Historia
    • I a IX Edición
      • I Edición
      • II Edición
      • III Edición
      • IV Edición
      • V Edición
      • VI Edición
      • VII Edición
      • VIII Edición
      • IX Edición
    • X a XIX Edición
      • X Edición
      • XI Edición
      • XII Edición
      • XIII Edición
      • XIV Edición
      • XV Edición
      • XVI Edición
      • XVII Edición
      • XVIII Edición
      • XIX Edición
    • XX a XXIX Edición
      • XX Edición
      • XXI Edición
      • XXII Edición
      • XXIII Edición
      • XXIV Edición
      • XXV Edición
      • XXVI Edición
      • XXVII Edición
      • XXVIII Edición
      • XXIX Edición
    • XXX a XXXIII Edición
      • XXX Edición
      • XXXI Edición
      • XXXII Edición
      • XXXIII Edición
  • Roda
  • Programación
  • Concursos
    • I Relatos Irmandiños
    • Carteis para o XXXIV Festival
  • Merchandaising
  • Ser Irmandiño
  • Contacto

Festival Irmandiño de Moeche

~ XXXIV Edición

Festival Irmandiño de Moeche

Tag Archives: Asalto ó Castelo

Facer posible o imposible

29 Xoves Ago 2013

Posted by festivalirmandino in Festival, Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Asalto ó Castelo, Castelo de Moeche, Festival Irmandiño, irmandiños, Moeche

Xaneiro de 2013. Asamblea Xeral da A.C. “Irmandinos de Moeche”. Entre outras cousas toca aprobar a memoria de actividades e o presuposto previsto de gastos e ingresos. Dos 40 socios só uns poucos poden asistir á reunión. O debate centrase en se podemos organizar ou non a 34ª edición do Festival Irmandiño, porque os recursos económicos son poucos e empezan a fallar tamén os humanos. Varios dos compañeiros que mais traballaron nas últimas edicións teñen que abandonar por motivos laborais. E os que quedan tampouco preven ter moita dispoñibilidade. A presidenta está en lista de espera para que lle operen unha lesión de ombro que leva anos arrastrando;  a secretaria, conta os días que lle faltan para o parto e non é a única embarazada do grupo; outro dos compañeiros está preocupado porque á súa nai diagnosticaronlle un cancro de mama. Tras 2 horas de reunión decídese por escasa maioría seguir adiante co festival. Xa veremos como saímos desta.

Ser Irmandiño

Sábado 17 de agosto de 2013. Dez e media da noite. Unha ducia de persoas traballan dentro da barra servindo cañas e preparando bocadillos. Algúns apenas durmiron porque a noite anterior fixeron o mesmo durante a repichoca. A poucos metros a compañeira Loli, que botou todo o día no Castelo a cargo da exposición de traxes tradicionais, vende camisetas e outros productos de merchandising. Todos miran hacia o ceo porque por un momento parece que empezan a caer gotas. A chuvia pode significar o golpe de gracia para o festival. Temos case 30.000 euros de gastos e entre as axudas do Concello de Moeche e a Diputación da Coruña non cubrimos nen o 20%. ¿E a Xunta de Galiza? pregunta alguén. Pois coma sempre, nen está nen esperamos ningunha axuda. Así que hai que tirar moitas cañas e vender moitas camisetas para non quedar “empufados” e que, coma xa ten acontecido noutras edicións, a pirotecnia Millarengo ou a empresa Bouza tarden 2 anos en cobrar.

Mentres, outro compañeiro da asociación, discute coa empresa encargada do son e con algún músico porque os retrasos están impacientando ó público e causando un enfado máis que comprensible nos responsables de Ariños dos Carrís e as rapazas de Bulebule Vintage, que levan horas preparados para bailar. Se isto segue así  teremos que cancelar algunha actuación e unha parte do público vai escapar sen ver o Asalto ao Castelo e o esperadísimo pregón do coñecido actor Javier Gutiérrez. Alguén comenta desesperado que todo o que pode saír mal está a saír mal. Pero alí está María, a presidenta, que ten os dedos queimados de preparar lomo e panceta na parrilla para os bocadillos, para insuflar ánimo. “Tranquilos, respirade profundamente, que todo vai saír ben”.

Ás 6 da mañá, cando os rapaces de MacMardigans están tocando as últimas pezas, José Costa, o promotor portugués que fixo posible que Beltaine viñera dende Polonia a este recuncho chamado Moeche, ven a despedirse e darnos as grazas por todo. Non pode crer que un grupo tan pequeno de xente, sen apenas axuda institucional, sexa capaz de sacar adiante un festival deste tipo.

Luns, 19 de agosto. Toca recoller o lixo para que as vacas e os cabalos volten a pacer nas fincas que os veciños nos deixaron para zonas de acampada, parking e concertos. E tamén toca facer un primeiro balance económico. Ao final semella que a xente entendeu o noso lema: “Consume na barra, colabora co festival”. Seguramente a peza non vai dar para o tacón, pero o pufo non será moi grande e coas aportacións dos socios e algunha actividade que se nos ocorra para recada cartos poderemos facer fronte a todos os gastos. Pero queda un certo sabor amargo, porque da rabia non poder facer as cousas millor, sen retrasos, sen fallos. Seguramente será o cansancio, pero algúns seguen prantexando se será posible facer o  Festival Irmandiño en 2014. Ata que punto valen a pena tantos quebradeiros de cabeza?

Pola noite entramos nas redes sociais da internet e vemos que no Facebook alguén deixou un comentario que nos arranca un sorriso. “Grazas por facer posible o imposible un ano mais”. Prememos no “Gústame”.

Grazas a todos os que nos axudades a sacar adiante o Festival Irmandiño, ós veciños que nos deixan as fincas, ás pequenas empesas que aportan os cartiños necesarios para botar a andar o festival; grazas a eses “voluntarios forzosos” que nos axudaron a atender a barra; grazas ós que se rascaron os petos para mercar camisetas, tomarse unha caña ou comprar unha rifa.

En definitiva, GRAZAS POR FACER POSIBLE O IMPOSIBLE.

Exposicións no Castelo de Moeche

13 Martes Ago 2013

Posted by festivalirmandino in Festival, Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Asalto ó Castelo, Castelo de Moeche, Eume, Ferrol, Ferrolterra, Festival Irmandiño, galego, galegos, Galicia, Galiza, irmandiños, Moeche, Sacho Irmandiño, señores feudais, traxes tradicionais, Xoán Braxe

Como cada ano o Festival Irmandiño aposta pola cultura e a tradición da nosa terra organizando unha exposición ou acto (segundo os medios cos que conte) no Castelo de Moeche.

Cos medios posibles intentamos apostar polas nosas tradicións e artistas, o ano pasado coa obra da compañía “Carrachanacacha” e a exposición de Xoán Braxe, este ano coa exposición de traxes tradicionais.

Ese día a entrada é gratuíta así que invitamos a maiores e pequenos a que pasen a gozar e imaxinarse dentro das murallas do castelo como se vivía entón, trasladarse a esa época e por un momento darlle ás á imaxinación e sentirse irmandiño pedindo a Andrade todo aquilo arrebátoos.

Deixámosvos cun pequeno video de mostra e esperamos a vosa visita, porque á parte desta haberá máis actividades (para todo tipo de idades e para gozar cos amigos e familia) e todo iso gratuíto.

Vascho perder?

Javier Gutiérrez, pregoeiro do Asalto ó Castelo.

12 Luns Ago 2013

Posted by festivalirmandino in Festival, Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Aguila Roja, Asalto ó Castelo, Castelo de Moeche, Dias de Futbol, Ferrol, ferrolán, Ferrolterra, Festival Irmandiño, galego, galegos, Galicia, Galiza, irmandiños, Javier Gutierrez Alvarez, Los serrano, Moeche, Sacho Irmandiño, Satur, Un franco 14 pesetas

Javier Gutiérrez, un dos actores galegos de maior éxito fará a lectura do pregón do Asalto ó Castelo.

Filmografía en Wikipedia

Javier Gutiérrez, asturiano de nacemento pero ferrolán de adopción, é un actor cunha ampla e exitosa traxectoria teatral e televisiva.  O seu rostro é moi coñecido pola sua participación en varias series de enorme éxito entre as qu

e destacan Los Serrano e sobre todo Aguila Roja onde leva anos interpretando o papel de Satur. No cine ten aparecido en comedias de gran éxito como El asombroso mundo de Borjamari y Pocholo, El otro lado de la cama, Días de fútbol, El penalti más largo del mundo,Torrente 3. O tamén actor Carlos Iglesias deulle un dos papeis protagonitas na súa primeira película como director: Un franco, 14 pesetas.

Pero quizaves onde ten acadado o maior recoñecemento profesional é no teatro, onde obtivo entre outros o prestixioso Premio Max polo seu papel en Argelino, servidor de dos amos. Destacan tamén os seus traballos coa compañía Animalario, como por exemplo Alejandro y Ana. Todo lo que España no pudo ver sobre la boda de la hija del presidente.

Deixámosvos co seguinte vídeo como mostra da súa grande interpretación na serie de Aguila Roja, onde nos permite facernos unha mellor idea de como o tiveron que pasar os nosos antepasados nasrevoltas irmandiñas por estas terras.

Cartel XXXIV Edición Festival Irmandino de Moeche

17 Venres Mai 2013

Posted by festivalirmandino in Concursos, Festival, Novas

≈ 1 comentario

Etiquetas

Asalto ó Castelo, Castelo de Moeche, concurso, Día da Patria Galega, Día das Letras Galegas, Festival Irmandiño, Gaitas, galego, galegos, Galicia, Galiza, irmandiños, Moeche, presentación

A falta de 3 meses para a celebración do festival comprácenos dar a coñecer o cartel anunciador do XXXIV Festival Irmandiño: o traballo presentado por Roi Sóñara.

XXXIV Festival Irmandiño de Moeche

Grazas todos os que participaron no concurso e parabéns ao merecidísimo gañador.

Felis Día das Letras Galegas!

Irmandiños Magos de Moeche

06 Domingo Xan 2013

Posted by festivalirmandino in Festival, Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Asalto ó Castelo, Betanzos, Castelo de Moeche, Eume, Ferrol, Ferrolterra, Festival Irmandiño, galegos, Galicia, Galiza, Irmandade, irmandiños, Lume, pregón, revolta popular, Sacho Irmandiño, señores feudais, Xose Barato

Nesta tarde de Reis Magos de Oriente querémosvos deixar un pequeno detalle, o poder rememorar en Xaneiro do noso Festival.

Y… de que forma mellor? Pois este ano temos a posibilidade de visualizar o pregón que deu Xose Barato, que tivo moito atino á hora de expresar o que a maioría pensa (que os tempos das revoltas non están tan lonxe e hai moito Andrade camuflado), e a representación do asalto ao castelo por parte dos rapaces e rapazas de Moeche.


Esperamos que vos guste e sirva para darvos o ánimo que sexa necesario para superar esta costa de xaneiro, que as palabras do noso pregoeiro vos sirvan:

“A por eles, que son poucos e son covardes”

Que agosto está á volta da esquina!

Morriña de Repichoca

14 Venres Set 2012

Posted by festivalirmandino in Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Acordeón, As Pontes, Asalto ó Castelo, “música de taberna”, Castelo de Moeche, Festival Irmandiño, Frauta traveseira, Gaitas, galegos, Galicia, irmandiños, música tradicional, Moeche, Panndeireta

Entre lusco e fusco, cando o sol se vai, saímos do restaurado castelo de Moeche  en dirección á carpa que ano tras ano monta a organización.Dentro do toldo os compañeiros da AsociaciónCultural “Irmandiños de Moeche” bulen entre sarténs, parrillas e barrís de cervexa. Voltamos a vista hacia os que están por fóra da barra e alí atopamos un montón de caras coñecidas de veciños, compañeiros e amigos. A algúns vemolos case a diario, outros de vez e cando, pero hai xente coa que hai anos que non coincidíamos. É a hora das apertas e os bicos, de poñernos ó día de cómo van as nosas existencias, de cómo conseguimos capear o temporal da famosa crise erirnos das canas que testemuñan o paso do tempo. De súpeto, nunha esquina,comenza a soar unha gaita e logo anímase un tambor e un par de panderetas. Sonos nosos amigos de No Cómbaro, ós que logo se unirán máis músicos e bailadores.O son da muiñeira trasladanos anos atrais, cando éramos uns pícaros e pasabamos toda a noite saltando e correndo dun lado a outro do campeiro, rogándolle ós nosos pais que nos deixaran quedar ata o final do festival. E por unhas horas esquencemosa crise, as preocupacións e as canas e voltamos a disfrutar dunha noite de música en Moeche. Afortunadamente hai cousas que non cambian……

Asalto ó Castelo

13 Luns Ago 2012

Posted by festivalirmandino in Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Asalto ó Castelo, Castelo de Moeche, fachos, Festival Irmandiño, galegos, Galicia, Irmandade, irmandiños, medianoite, Moeche, Revoltas Irmandiñas, Sacho Irmandiño, señores feudais

Faltan poucos días para rememorar as Revoltas Irmandiñas no tradicional Asalto ó Castelo do Festival Irmandiño. Lembrade que terá lugar despois da medianoite o vindeiro sabado 18 de agosto e que pode participar todo o mundo.
Asalto ó Castelo do Festival Irmandiño de Moeche
A organización repartirá fachos entre os participantes, pero como o presuposto é limitado non temos para todos. Asi que DAREMOS PRIORIDADE NO REPARTO DE FACHOS A AQUELAS PERSOAS QUE VEÑAN ATAVIADAS DE IRMANDIÑOS.

Por outra banda, lembramos que o Asalto é un acto simbólico, que na actualidade no castelo non hai señores feudais nen caciques opresores e que ese día no interior da fortaleza só estarán a xente da pirotecnia e os membros da organización que están a traballar para que todo saia ben e podamos disfrutar dun bó espectáculo (a cargo da empresa dalleQlibras).

 
Así que pregamos a todos os asistentes que teñan un comportamento cívico, evitando incidentes que podan ensombrecer o traballo e o esforzo da Asociación Cultural “Irmandiños de Moeche”.

Consume na barra, Colabora co Festival

11 Sábado Ago 2012

Posted by festivalirmandino in Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

actividades gratuitas, Asalto ó Castelo, camisetas, Castelo de Moeche, cervexa, Colabora co festival, Crise, Festival Irmandiño, galegos, Galicia, grazas, irmandiños, máis de 30 anos de historia, merchandising, Moeche, público, pequeñas empresas e profesionais, veciños de Moeche, xenerosidade da xente

Nestos tempos de crise resulta máis díficil ca nunca apelar á xenerosidade da xente. Miramos ó noso arredor e vemos parados, traballadores que cobran soldos míseros, pequenos empresarios que se deixan a pel para salvar os seus negocios familiares, xubilados que tras anos de partir o lombo traballando cobran pensións ridículas, enfermos que teñen que re-pagar os medicamentos, pais e nais que ven preocupados como a educación dos seus nenos se resinte polos recortes nos orzamentos, xóvenes a quen se lles di que só lles queda a emigración como fúturo,……E pensamos: “¿con que cara  imos pedir a colaboración da xente para salvar o festival?”. Pero non nos queda outro camiño.

A día de hoxe non temos ningunha subveción concedida, algo que tampouco nos colle por sorpresa, porque nestos máis de 30 anos de historia de Festival Irmandiño foron moi poucas as edicións nas que contamos co favor das institucións. Nen sequera nos anos de “vacas gordas”, cando outros eventos recibían decenas de miles de euros (ou millóns das antigas pesetas) en forma de subvencións, cando se despilfarraban os cartos públicos en obxetivos moi dudosos, nen sequera entón a organización do festival contou coa colaboración das institucións. E se puidemos sobrevivir foi grazas á colaboración dos veciños de Moeche, das pequenas empresas e profesionais que nos axudan cos gastos publicitarios e, sobre todo, grazas ó público. Por enésima vez temos que facer ver que a maior parte do presuposto do Festival Irmandiño sae do que recadamos coa venda de merchandising (camisetas, pegatinas, sombreiros, ….) e, sobre todo, da venda de bebida e comida no toldo que a asociación cultural monta na zona dos concertos.

 Así que vos pedimos un pequeno-gran esforzo para que os vindeiros días 17 e 18 de agosto merquedes moitas camisetas e consumades moita cervexa (ou auga ou refrescos ou o que  vos apeteza) e recarguedes as baterías cun estupendo bocadillo mercado no noso toldo. E nós poñemos o traballo e a  ilusión para que a xente difrute de concertos e outras actividades gratuitas e dispoña de zonas de acampada e aparcamentos completamente de balde. 

¡¡Consume na barra, colabora co festival!!

Consume na Barra

Xosé Barato, pregoeiro do Asalto ao Castelo

08 Mércores Ago 2012

Posted by festivalirmandino in Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

18 comidas, A miña famosa familia, actor, Asalto ó Castelo, Castelo de Moeche, Cuarto se ascensor, El secreto de Puenteviejo, Festival Irmandiño, galegos, Historias de Galiza, Mar Libre, Matalobos, Mestre Mateo, millor comunicador, Os Atlánticos, Retornos e Doentes, Septembro, TVG

Xosé Barato é unha das caras (e das voces) máis coñecidas do audiovisual galego. Leva participado en varias series emitidas pola televisión autonómica, entre as que destacan “Cuarto se ascensor”, “Os Atlánticos”, “Matalobos” e “Mar libre”. Tamén traballou en “El secreto de Puenteviejo”, unha das series diarias de maior audiencia da televisión estatal.

Pero non só de series de televisión viven os actores. E Xosé ten tamén unha longa carreira no teatro e no cinema. Neste último campo hai que destacar as longametraxes Septembro, 18 comidas, Retornos e Doentes.

Sen emabargo, quizaves o seu rostro e a súa voz resulten familiares a moitos galegos por ter sido o presentador do programa divulgativo Historias de Galiza, labor que o fixo merecedor do  premio Mestre Mateo ó millor comunicador no ano 2007. Voltaría a gañar este prestixioso galardón no 2009 polo programa A miña famosa familia.

O Principio do comenzo

17 Xoves Mai 2012

Posted by festivalirmandino in Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Asalto ó Castelo, Día das Letras Galegas, Festival Irmandiño, galegos, Irmandade, irmandiños, Moeche, Principio, señores feudais

Neste ano 2012 no que algúns falan da fin do mundo, do remate dunha etapa e o comenzo doutra, de cambiar o xeito de pensar para afrontar os novos retos, nós decidimos pegar o salto ó universo das novas tecnoloxías. E aquí, fóra de fronteiras xeográficas, podemos abrir unha fiestra para persoas cun mesmo interés: o amor pola nosa terra, a nosa cultura e a nosa lingua, ese marabilloso tesouro que celebramos e reivindicamos neste Día das Letras Galegas.

O Festival Irmandiño naceu hai mais de 30 anos co obxetivo de reivindicar e difundir dun xeito festivo a nosa cultura e a nosa historia. Os veciños participaron e participan de xeito desinterasado, loitando por un obxetivo, rememorando ós nosos antergos, aqueles irmandiños que se levantaron en armas contra a opresión dos señores feudais. Por iso cremos que nestos tempos tan compricados temos que manter vivo o espiritú da Irmandade para que non esquenzamos os valores que tanto tempo levamos defendendo. E ainda que o Asalto ó Castelo só se fai un día ó ano, os 364 días restantes seguimos sendo irmandiños, seguimos sendo galegos.

Visitas

contador de visitas
contador visitas

Para entendernos…

Fai clic para seguir este blog e recibir notificacións de novas mensaxes por correo electrónico.

Úneche a outros 11 subscritores

Tamén estamos no facebook

Tamén estamos no facebook

E no twitter

  • RT @OlloDixital: Recunchos de Galicia: Castelo de Moeche #irmandiños #castle #foto #photo facebook.com/ollodixital/ph… https://t.co/c51vEx4IhJ 7 years ago
Follow @FestivalMoeche

A. C. Irmandiños de Moeche

Como chegar

CONTA ATRÁS

Festival Irmandiño17/08/2013
O GRAN DÍA!!! ASALTO AO CASTELO!!!

ARQUIVO

  • Agosto 2013
  • Maio 2013
  • Marzo 2013
  • Xaneiro 2013
  • Decembro 2012
  • Setembro 2012
  • Agosto 2012
  • Xullo 2012
  • Xuño 2012
  • Maio 2012

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
  • Seguir Seguindo
    • Festival Irmandiño de Moeche
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • Festival Irmandiño de Moeche
    • Personalizar
    • Seguir Seguindo
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Report this content
    • View site in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...