• Quen somos?
  • Novas
  • Historia
    • I a IX Edición
      • I Edición
      • II Edición
      • III Edición
      • IV Edición
      • V Edición
      • VI Edición
      • VII Edición
      • VIII Edición
      • IX Edición
    • X a XIX Edición
      • X Edición
      • XI Edición
      • XII Edición
      • XIII Edición
      • XIV Edición
      • XV Edición
      • XVI Edición
      • XVII Edición
      • XVIII Edición
      • XIX Edición
    • XX a XXIX Edición
      • XX Edición
      • XXI Edición
      • XXII Edición
      • XXIII Edición
      • XXIV Edición
      • XXV Edición
      • XXVI Edición
      • XXVII Edición
      • XXVIII Edición
      • XXIX Edición
    • XXX a XXXIII Edición
      • XXX Edición
      • XXXI Edición
      • XXXII Edición
      • XXXIII Edición
  • Roda
  • Programación
  • Concursos
    • I Relatos Irmandiños
    • Carteis para o XXXIV Festival
  • Merchandaising
  • Ser Irmandiño
  • Contacto

Festival Irmandiño de Moeche

~ XXXIV Edición

Festival Irmandiño de Moeche

Tag Archives: Castelo de Moeche

Facer posible o imposible

29 Xoves Ago 2013

Posted by festivalirmandino in Festival, Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Asalto ó Castelo, Castelo de Moeche, Festival Irmandiño, irmandiños, Moeche

Xaneiro de 2013. Asamblea Xeral da A.C. “Irmandinos de Moeche”. Entre outras cousas toca aprobar a memoria de actividades e o presuposto previsto de gastos e ingresos. Dos 40 socios só uns poucos poden asistir á reunión. O debate centrase en se podemos organizar ou non a 34ª edición do Festival Irmandiño, porque os recursos económicos son poucos e empezan a fallar tamén os humanos. Varios dos compañeiros que mais traballaron nas últimas edicións teñen que abandonar por motivos laborais. E os que quedan tampouco preven ter moita dispoñibilidade. A presidenta está en lista de espera para que lle operen unha lesión de ombro que leva anos arrastrando;  a secretaria, conta os días que lle faltan para o parto e non é a única embarazada do grupo; outro dos compañeiros está preocupado porque á súa nai diagnosticaronlle un cancro de mama. Tras 2 horas de reunión decídese por escasa maioría seguir adiante co festival. Xa veremos como saímos desta.

Ser Irmandiño

Sábado 17 de agosto de 2013. Dez e media da noite. Unha ducia de persoas traballan dentro da barra servindo cañas e preparando bocadillos. Algúns apenas durmiron porque a noite anterior fixeron o mesmo durante a repichoca. A poucos metros a compañeira Loli, que botou todo o día no Castelo a cargo da exposición de traxes tradicionais, vende camisetas e outros productos de merchandising. Todos miran hacia o ceo porque por un momento parece que empezan a caer gotas. A chuvia pode significar o golpe de gracia para o festival. Temos case 30.000 euros de gastos e entre as axudas do Concello de Moeche e a Diputación da Coruña non cubrimos nen o 20%. ¿E a Xunta de Galiza? pregunta alguén. Pois coma sempre, nen está nen esperamos ningunha axuda. Así que hai que tirar moitas cañas e vender moitas camisetas para non quedar “empufados” e que, coma xa ten acontecido noutras edicións, a pirotecnia Millarengo ou a empresa Bouza tarden 2 anos en cobrar.

Mentres, outro compañeiro da asociación, discute coa empresa encargada do son e con algún músico porque os retrasos están impacientando ó público e causando un enfado máis que comprensible nos responsables de Ariños dos Carrís e as rapazas de Bulebule Vintage, que levan horas preparados para bailar. Se isto segue así  teremos que cancelar algunha actuación e unha parte do público vai escapar sen ver o Asalto ao Castelo e o esperadísimo pregón do coñecido actor Javier Gutiérrez. Alguén comenta desesperado que todo o que pode saír mal está a saír mal. Pero alí está María, a presidenta, que ten os dedos queimados de preparar lomo e panceta na parrilla para os bocadillos, para insuflar ánimo. “Tranquilos, respirade profundamente, que todo vai saír ben”.

Ás 6 da mañá, cando os rapaces de MacMardigans están tocando as últimas pezas, José Costa, o promotor portugués que fixo posible que Beltaine viñera dende Polonia a este recuncho chamado Moeche, ven a despedirse e darnos as grazas por todo. Non pode crer que un grupo tan pequeno de xente, sen apenas axuda institucional, sexa capaz de sacar adiante un festival deste tipo.

Luns, 19 de agosto. Toca recoller o lixo para que as vacas e os cabalos volten a pacer nas fincas que os veciños nos deixaron para zonas de acampada, parking e concertos. E tamén toca facer un primeiro balance económico. Ao final semella que a xente entendeu o noso lema: “Consume na barra, colabora co festival”. Seguramente a peza non vai dar para o tacón, pero o pufo non será moi grande e coas aportacións dos socios e algunha actividade que se nos ocorra para recada cartos poderemos facer fronte a todos os gastos. Pero queda un certo sabor amargo, porque da rabia non poder facer as cousas millor, sen retrasos, sen fallos. Seguramente será o cansancio, pero algúns seguen prantexando se será posible facer o  Festival Irmandiño en 2014. Ata que punto valen a pena tantos quebradeiros de cabeza?

Pola noite entramos nas redes sociais da internet e vemos que no Facebook alguén deixou un comentario que nos arranca un sorriso. “Grazas por facer posible o imposible un ano mais”. Prememos no “Gústame”.

Grazas a todos os que nos axudades a sacar adiante o Festival Irmandiño, ós veciños que nos deixan as fincas, ás pequenas empesas que aportan os cartiños necesarios para botar a andar o festival; grazas a eses “voluntarios forzosos” que nos axudaron a atender a barra; grazas ós que se rascaron os petos para mercar camisetas, tomarse unha caña ou comprar unha rifa.

En definitiva, GRAZAS POR FACER POSIBLE O IMPOSIBLE.

Exposicións no Castelo de Moeche

13 Martes Ago 2013

Posted by festivalirmandino in Festival, Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Asalto ó Castelo, Castelo de Moeche, Eume, Ferrol, Ferrolterra, Festival Irmandiño, galego, galegos, Galicia, Galiza, irmandiños, Moeche, Sacho Irmandiño, señores feudais, traxes tradicionais, Xoán Braxe

Como cada ano o Festival Irmandiño aposta pola cultura e a tradición da nosa terra organizando unha exposición ou acto (segundo os medios cos que conte) no Castelo de Moeche.

Cos medios posibles intentamos apostar polas nosas tradicións e artistas, o ano pasado coa obra da compañía “Carrachanacacha” e a exposición de Xoán Braxe, este ano coa exposición de traxes tradicionais.

Ese día a entrada é gratuíta así que invitamos a maiores e pequenos a que pasen a gozar e imaxinarse dentro das murallas do castelo como se vivía entón, trasladarse a esa época e por un momento darlle ás á imaxinación e sentirse irmandiño pedindo a Andrade todo aquilo arrebátoos.

Deixámosvos cun pequeno video de mostra e esperamos a vosa visita, porque á parte desta haberá máis actividades (para todo tipo de idades e para gozar cos amigos e familia) e todo iso gratuíto.

Vascho perder?

Javier Gutiérrez, pregoeiro do Asalto ó Castelo.

12 Luns Ago 2013

Posted by festivalirmandino in Festival, Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Aguila Roja, Asalto ó Castelo, Castelo de Moeche, Dias de Futbol, Ferrol, ferrolán, Ferrolterra, Festival Irmandiño, galego, galegos, Galicia, Galiza, irmandiños, Javier Gutierrez Alvarez, Los serrano, Moeche, Sacho Irmandiño, Satur, Un franco 14 pesetas

Javier Gutiérrez, un dos actores galegos de maior éxito fará a lectura do pregón do Asalto ó Castelo.

Filmografía en Wikipedia

Javier Gutiérrez, asturiano de nacemento pero ferrolán de adopción, é un actor cunha ampla e exitosa traxectoria teatral e televisiva.  O seu rostro é moi coñecido pola sua participación en varias series de enorme éxito entre as qu

e destacan Los Serrano e sobre todo Aguila Roja onde leva anos interpretando o papel de Satur. No cine ten aparecido en comedias de gran éxito como El asombroso mundo de Borjamari y Pocholo, El otro lado de la cama, Días de fútbol, El penalti más largo del mundo,Torrente 3. O tamén actor Carlos Iglesias deulle un dos papeis protagonitas na súa primeira película como director: Un franco, 14 pesetas.

Pero quizaves onde ten acadado o maior recoñecemento profesional é no teatro, onde obtivo entre outros o prestixioso Premio Max polo seu papel en Argelino, servidor de dos amos. Destacan tamén os seus traballos coa compañía Animalario, como por exemplo Alejandro y Ana. Todo lo que España no pudo ver sobre la boda de la hija del presidente.

Deixámosvos co seguinte vídeo como mostra da súa grande interpretación na serie de Aguila Roja, onde nos permite facernos unha mellor idea de como o tiveron que pasar os nosos antepasados nasrevoltas irmandiñas por estas terras.

Cartel XXXIV Edición Festival Irmandino de Moeche

17 Venres Mai 2013

Posted by festivalirmandino in Concursos, Festival, Novas

≈ 1 comentario

Etiquetas

Asalto ó Castelo, Castelo de Moeche, concurso, Día da Patria Galega, Día das Letras Galegas, Festival Irmandiño, Gaitas, galego, galegos, Galicia, Galiza, irmandiños, Moeche, presentación

A falta de 3 meses para a celebración do festival comprácenos dar a coñecer o cartel anunciador do XXXIV Festival Irmandiño: o traballo presentado por Roi Sóñara.

XXXIV Festival Irmandiño de Moeche

Grazas todos os que participaron no concurso e parabéns ao merecidísimo gañador.

Felis Día das Letras Galegas!

Primeiro Aniversario

17 Venres Mai 2013

Posted by festivalirmandino in Uncategorized

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Castelo de Moeche, concurso, Día da Patria Galega, Día das Letras Galegas, Festival Irmandiño, galego, galegos, Galicia, Galiza, irmandiños, Moeche, relatos

Un ano atrás Irmandiños que mergullo no mundo das novas tecnoloxías e para conmemorar este día, o día da nosa lingua, debemos anunciar os gañadores do noso concurso. Cando naceu a Asociación Cultural “Irmandiños de Moeche” decidimos incluír como finalidade nos  estatutos a  “Promoción, divulgación, defensa e fomento do idioma galego”. E non quixemos  que esas verbas   quedaran só como unha frase valeira e protocolaria para cumprir coa burocracia. Así que decidimos facer unha pequena contribución á defensa da nosa lingua convocando o I Concurso de RelatoRelatos Irmandiñoss Irmandiños, un modesto certame dotado con 100 euros de premio no que os participantes tiñan que deixar voa a súa imaxinación pola historia das Revoltas Irmandiñas.  Ao principio tiñamos medo de que a xente non se animase a participar pero  pouco a pouco foron chegando os relatos, na súa maioría escritos por estudantes de ESO  e Bacharelato, o que nos da esperanzas de que o galego ten futuro.

O xurado tivo moi díficil  elexir o gañador e tras longas deliberacións decidiu que o millor era conceder o premio “ex aequo” ós  relatos “O traidor” de Baltar Bouza e “Irmandiños Revoltos” de Saray Díaz Canosa. A historia  de Baltar conquistounos pola súa capacidade de manter a intriga ata o final e emocionounos o xeito en que Saray  amosa as Revoltas a través dos ollos dunha rapaciña de 12 anos.  Agardamos que vos gusten tanto como ao xurado e esperamos poder seguir convocando o certame e que cada ano sexa máis díficil elexir o gañador porque sexan moitos e moi bós os relatos a concurso…..En todo caso, grazas ós que participaron nesta primeira edición.

Feliz Día das Letras Galegas!!

Irmandiños Magos de Moeche

06 Domingo Xan 2013

Posted by festivalirmandino in Festival, Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Asalto ó Castelo, Betanzos, Castelo de Moeche, Eume, Ferrol, Ferrolterra, Festival Irmandiño, galegos, Galicia, Galiza, Irmandade, irmandiños, Lume, pregón, revolta popular, Sacho Irmandiño, señores feudais, Xose Barato

Nesta tarde de Reis Magos de Oriente querémosvos deixar un pequeno detalle, o poder rememorar en Xaneiro do noso Festival.

Y… de que forma mellor? Pois este ano temos a posibilidade de visualizar o pregón que deu Xose Barato, que tivo moito atino á hora de expresar o que a maioría pensa (que os tempos das revoltas non están tan lonxe e hai moito Andrade camuflado), e a representación do asalto ao castelo por parte dos rapaces e rapazas de Moeche.


Esperamos que vos guste e sirva para darvos o ánimo que sexa necesario para superar esta costa de xaneiro, que as palabras do noso pregoeiro vos sirvan:

“A por eles, que son poucos e son covardes”

Que agosto está á volta da esquina!

Morriña de Repichoca

14 Venres Set 2012

Posted by festivalirmandino in Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Acordeón, As Pontes, Asalto ó Castelo, “música de taberna”, Castelo de Moeche, Festival Irmandiño, Frauta traveseira, Gaitas, galegos, Galicia, irmandiños, música tradicional, Moeche, Panndeireta

Entre lusco e fusco, cando o sol se vai, saímos do restaurado castelo de Moeche  en dirección á carpa que ano tras ano monta a organización.Dentro do toldo os compañeiros da AsociaciónCultural “Irmandiños de Moeche” bulen entre sarténs, parrillas e barrís de cervexa. Voltamos a vista hacia os que están por fóra da barra e alí atopamos un montón de caras coñecidas de veciños, compañeiros e amigos. A algúns vemolos case a diario, outros de vez e cando, pero hai xente coa que hai anos que non coincidíamos. É a hora das apertas e os bicos, de poñernos ó día de cómo van as nosas existencias, de cómo conseguimos capear o temporal da famosa crise erirnos das canas que testemuñan o paso do tempo. De súpeto, nunha esquina,comenza a soar unha gaita e logo anímase un tambor e un par de panderetas. Sonos nosos amigos de No Cómbaro, ós que logo se unirán máis músicos e bailadores.O son da muiñeira trasladanos anos atrais, cando éramos uns pícaros e pasabamos toda a noite saltando e correndo dun lado a outro do campeiro, rogándolle ós nosos pais que nos deixaran quedar ata o final do festival. E por unhas horas esquencemosa crise, as preocupacións e as canas e voltamos a disfrutar dunha noite de música en Moeche. Afortunadamente hai cousas que non cambian……

Xoán Braxe Exposición

17 Venres Ago 2012

Posted by festivalirmandino in Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Castelo de Moeche, Día da Loita da Clase Obreira, democráticas, dereitos laborais, entrega incodicional, Ferrol, Festival Irmandiño, Fonte da Ranita, galegos, Galicia, irmandiños, liberdades, madonna na Villa Soledad, máis esculturas en Ferrol, máis obras na rúa, Moeche, monumento do 10 de marzo, Navantia, xeración de postguerra, Xoán Braxe

A partir de hoxe e os días 18 e 19 teremos ao noso alcance a ocasión de gozar no Castelo de Moeche da exposición de Braxe.

Aquí deixámosvos unha breve biografía para que vos fagades unha idea do artista que hai detrás da súa obra, para comprender e apreciar un pouco máis a súa obra, que en días posteriores iremos ampliando.

BIOGRAFÍA E  DISCIPLINAS ARTÍSTICAS DE BRAXE

Braxe corresponde á xeración de postguerra na que os traballadores daqueles asteleiros, hoxe chamados Navantia ou a antiga Bazán, daban en herdanza aos seus fillos o mesmo oficio. Braxe estudou na Escola Obreira de Bazán nos anos 50 e logo na Escola de Aprendices con 14 anos aprendeu o oficio do seu pai, carpinteiro  de ribeira onde chegou a ser mestre de taller ou sexa ou que enseñaba aos enxeñeiros que eran os seus superiores. Braxe chegou a revolucionar a construcción dos barcos aforrando un ano de traballo e máis da metade da madeira que se precisa para a “cama“ do casco do barco antes de ser botado. Hoxe Braxe non ten un monumento nin cobra un copyright por todo o que ten aportado á empresa pero seguro que cando morra haberá quen fale disto.  Hoxe Braxe está xubilado e continúa a colaborar con todos aqueles colectivos que llo solicitan.Monumento 10 de marzo braxe

Braxe un artista, Braxe un home comprometido.

Na súa faceta artística Braxe expresa o seu sentimento e a súa conducta ante o mundo. El é unha persoa sinxela, de trato cariñoso, de entrega incodicional. A súa obra é un reflexo da súa personalidade. A sensibilidade pola arte e o seu compromiso social e cívico leváronno a estudiar e practicar diferentes técnicas artísticas. Braxe é autodidacta fundamentalmente. Axudoulle nos comezos co debuxo e coa …..  o artista

Braxe hoxe é o artista con máis obras na rúa, con máis esculturas en Ferrol:

  1. O monumento do 10 de marzo no que se homenaxea aos traballadores de Bazán pola loita das liberdades democráticas e os dereitos laborais personalizada nos dous obreiros Amador y Daniel asesinados nesa data tralas loitas no 1972. Hoxe celebramos esta data como o Día da Loita da Clase Obreira en toda Galicia.
  2. A Fonte da Ranita no peirao de Curuxeiras.
  3. A madonna na Villa Soledad na rúa do mesmo no nome no mal chamado barrio de Ultramar.

Asalto ó Castelo

13 Luns Ago 2012

Posted by festivalirmandino in Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Asalto ó Castelo, Castelo de Moeche, fachos, Festival Irmandiño, galegos, Galicia, Irmandade, irmandiños, medianoite, Moeche, Revoltas Irmandiñas, Sacho Irmandiño, señores feudais

Faltan poucos días para rememorar as Revoltas Irmandiñas no tradicional Asalto ó Castelo do Festival Irmandiño. Lembrade que terá lugar despois da medianoite o vindeiro sabado 18 de agosto e que pode participar todo o mundo.
Asalto ó Castelo do Festival Irmandiño de Moeche
A organización repartirá fachos entre os participantes, pero como o presuposto é limitado non temos para todos. Asi que DAREMOS PRIORIDADE NO REPARTO DE FACHOS A AQUELAS PERSOAS QUE VEÑAN ATAVIADAS DE IRMANDIÑOS.

Por outra banda, lembramos que o Asalto é un acto simbólico, que na actualidade no castelo non hai señores feudais nen caciques opresores e que ese día no interior da fortaleza só estarán a xente da pirotecnia e os membros da organización que están a traballar para que todo saia ben e podamos disfrutar dun bó espectáculo (a cargo da empresa dalleQlibras).

 
Así que pregamos a todos os asistentes que teñan un comportamento cívico, evitando incidentes que podan ensombrecer o traballo e o esforzo da Asociación Cultural “Irmandiños de Moeche”.

Xoán Braxe, o artista que nunca pretedeu ser un artista

12 Domingo Ago 2012

Posted by festivalirmandino in Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

artista, Castelo de Moeche, exposición, Ferrol, ferrolán, Festival Irmandiño, galegos, Galicia, homenaxe, Moeche, Monumento ós mártires do 10 de Marzo, mortos, museo, traballadores, Xoán Braxe

E por último pero non menos importante queremos deixar unha breve nota sobre a exposición deste ano, que ampliaremos tanto en palabras coma en imaxes unha vez que nos deleitemos con ela.

Monumento a las Víctimas del 10 de Marzo

O vindeiro día 18 de agosto os asistentes ó XXXIII FESTIVAL IRMANDIÑO, terán a oportunidade de disfrutar da exposición da obra do polifacético artista ferrolán Xoán Braxe no museo do Castelo de Moeche.

Este antigo traballador dos asteleiros é un home sumamente discreto que foxe de calquera notoriedade, polo cal quizaves a súa obra non está suficientemente recoñecida.

Pintor, escultor e debuxante, é autor entre outras obras do “Monumento ós mártires do 10 de Marzo”, unha homenaxe ós dous traballadores mortos polos disparos efectuados pola policía franquista nas manifestacións obreiras de marzo de 1972, inaugurado en 1989.

← Older posts

Visitas

contador de visitas
contador visitas

Para entendernos…

Fai clic para seguir este blog e recibir notificacións de novas mensaxes por correo electrónico.

Úneche a outros 11 subscritores

Tamén estamos no facebook

Tamén estamos no facebook

E no twitter

  • RT @OlloDixital: Recunchos de Galicia: Castelo de Moeche #irmandiños #castle #foto #photo facebook.com/ollodixital/ph… https://t.co/c51vEx4IhJ 7 years ago
Follow @FestivalMoeche

A. C. Irmandiños de Moeche

Como chegar

CONTA ATRÁS

Festival Irmandiño17/08/2013
O GRAN DÍA!!! ASALTO AO CASTELO!!!

ARQUIVO

  • Agosto 2013
  • Maio 2013
  • Marzo 2013
  • Xaneiro 2013
  • Decembro 2012
  • Setembro 2012
  • Agosto 2012
  • Xullo 2012
  • Xuño 2012
  • Maio 2012

Blog en WordPress.com.

Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
  • Seguir Seguindo
    • Festival Irmandiño de Moeche
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • Festival Irmandiño de Moeche
    • Personalizar
    • Seguir Seguindo
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Report this content
    • View site in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...