Cartel XXXIV Edición Festival Irmandino de Moeche
17 Venres Mai 2013
17 Venres Mai 2013
17 Venres Mai 2013
Posted Uncategorized
inEtiquetas
Castelo de Moeche, concurso, Día da Patria Galega, Día das Letras Galegas, Festival Irmandiño, galego, galegos, Galicia, Galiza, irmandiños, Moeche, relatos
Un ano atrás Irmandiños que mergullo no mundo das novas tecnoloxías e para conmemorar este día, o día da nosa lingua, debemos anunciar os gañadores do noso concurso. Cando naceu a Asociación Cultural “Irmandiños de Moeche” decidimos incluír como finalidade nos estatutos a “Promoción, divulgación, defensa e fomento do idioma galego”. E non quixemos que esas verbas quedaran só como unha frase valeira e protocolaria para cumprir coa burocracia. Así que decidimos facer unha pequena contribución á defensa da nosa lingua convocando o I Concurso de Relatos Irmandiños, un modesto certame dotado con 100 euros de premio no que os participantes tiñan que deixar voa a súa imaxinación pola historia das Revoltas Irmandiñas. Ao principio tiñamos medo de que a xente non se animase a participar pero pouco a pouco foron chegando os relatos, na súa maioría escritos por estudantes de ESO e Bacharelato, o que nos da esperanzas de que o galego ten futuro.
O xurado tivo moi díficil elexir o gañador e tras longas deliberacións decidiu que o millor era conceder o premio “ex aequo” ós relatos “O traidor” de Baltar Bouza e “Irmandiños Revoltos” de Saray Díaz Canosa. A historia de Baltar conquistounos pola súa capacidade de manter a intriga ata o final e emocionounos o xeito en que Saray amosa as Revoltas a través dos ollos dunha rapaciña de 12 anos. Agardamos que vos gusten tanto como ao xurado e esperamos poder seguir convocando o certame e que cada ano sexa máis díficil elexir o gañador porque sexan moitos e moi bós os relatos a concurso…..En todo caso, grazas ós que participaron nesta primeira edición.
Feliz Día das Letras Galegas!!
25 Mércores Xul 2012
Posted Novas
inEtiquetas
Día da Patria Galega, Festival Irmandiño, gaita escocesa, Gaitas, Galicia, irmandiños, música celta, millor gaiteiro do mundo, Moeche, Multi-Instrumental Musician
Hoxe é un día moi especial: o Día da Patria Galega. E para celebralo queremos que coñezades un pouco millor o prato forte do XXXIII Festival Irmandiño: o dúo de músicos escoceses Fred Morrison&Matheu Watson. Para nós é un auténtico luxo contar con quenes están considerados dous dos millores intérpretes da música celta.
Fred Morrison está considerado pola crítica o millor gaiteiro do mundo, gañador de sete edicións do Trofeo Mcallan no Festival de Lorient e medalla de ouro en Oban e Inverness no esixente circuíto de composición de gaita escocesa. Desenvólvese con maestría e inspiración, tanto con gaitas escocesas (Highland e Border) como coa irlandesa (Uilleann pipe) ou a frauta. Este talento único foi aclamado no mundo enteiro, testemuñando en cada unha das súas actuacións o seu profundo espírito musical e os anos de adicación.
A evocativa interpretación das melodías gaélicas executadas ten as súa orixe na tradición gaiteira das illas Hébridas de Escocia, onde comezou musicalmente da man de seu pai, instrumentista e xuíz das competicións de gaiteiros no seu país. Despois de anos como solista, uniuse a grupos como Capercaillie e Clan Alba e foi fundador do grupo gaélico Ceolas. Amosa enerxía e estilo altamente improvisado, no que combina a tradición da gaita gaélica con influencias contemporáneas e ecléticas. De feito, a súa música foi descrito nalgunha ocasión como “o máis preto de jazz que se pode escoitar nunha gaita escocesa”.
Matheu Watson, múltiple instrumentista e compositor, está considerado un dos millores músicos en Escocia, recentemente recoñecido polas nomeamentos para “Best Artist Up and Coming” nos “2009 Scots Trad awards”. Máis coñecido como habitual compañeiro de Fred Morrison, Matheu viaxou en 2010 para a remota illa de Berneray para gravar o seu primeiro álbum en solitario. O disco está composto por material orixinal e contemporáneo e conta coa colaboración dunha impresionante variedade de bos amigos e representa o culminar da experciencia de Matheu, as súas viaxes e colaboracións dos últimos catro anos e é o primeiro paso para o que é certamente un prometedor viaxe.
Ao longo dos anos colaborou cun gran número de prestixiosos músicos e grupos, entre os que destacan: Anna Wendy Stevenson, Fred Morrison, Anxo Lorenzo, Ainslie Ross e Henderson Jarlath, Salsa Céltica, Bagad Kemper, Paddy Keenan, Iain MacDonald, Siobhan Miller e Jeana Leslie, participando en numerosas xiras por Europa, incluíndo España, Francia, Alemaña, Irlanda, Rusia, Lituania, Letonia e Reino Unido. Participou en varios programas e series de televisión e proxectos de gravación de varios músicos como Anna Wendy Stevenson, Dr Angus MacDonald e máis recentemente no albums de “Outlands” Fred Morrison, tamén con Ron Block, O’Brien e Tim Martin O’Neill.