Cartel XXXIV Edición Festival Irmandino de Moeche
17 Venres Mai 2013
17 Venres Mai 2013
17 Venres Mai 2013
Posted Uncategorized
inEtiquetas
Castelo de Moeche, concurso, Día da Patria Galega, Día das Letras Galegas, Festival Irmandiño, galego, galegos, Galicia, Galiza, irmandiños, Moeche, relatos
Un ano atrás Irmandiños que mergullo no mundo das novas tecnoloxías e para conmemorar este día, o día da nosa lingua, debemos anunciar os gañadores do noso concurso. Cando naceu a Asociación Cultural “Irmandiños de Moeche” decidimos incluír como finalidade nos estatutos a “Promoción, divulgación, defensa e fomento do idioma galego”. E non quixemos que esas verbas quedaran só como unha frase valeira e protocolaria para cumprir coa burocracia. Así que decidimos facer unha pequena contribución á defensa da nosa lingua convocando o I Concurso de Relatos Irmandiños, un modesto certame dotado con 100 euros de premio no que os participantes tiñan que deixar voa a súa imaxinación pola historia das Revoltas Irmandiñas. Ao principio tiñamos medo de que a xente non se animase a participar pero pouco a pouco foron chegando os relatos, na súa maioría escritos por estudantes de ESO e Bacharelato, o que nos da esperanzas de que o galego ten futuro.
O xurado tivo moi díficil elexir o gañador e tras longas deliberacións decidiu que o millor era conceder o premio “ex aequo” ós relatos “O traidor” de Baltar Bouza e “Irmandiños Revoltos” de Saray Díaz Canosa. A historia de Baltar conquistounos pola súa capacidade de manter a intriga ata o final e emocionounos o xeito en que Saray amosa as Revoltas a través dos ollos dunha rapaciña de 12 anos. Agardamos que vos gusten tanto como ao xurado e esperamos poder seguir convocando o certame e que cada ano sexa máis díficil elexir o gañador porque sexan moitos e moi bós os relatos a concurso…..En todo caso, grazas ós que participaron nesta primeira edición.
Feliz Día das Letras Galegas!!
05 Sábado Xan 2013
Etiquetas
carteis, concurso, Día das Letras Galegas, Festival Irmandiño, galego, Galiza, irmandiños
A Asociación Cultural “Irmandiños de Moeche”, entidade organizadora do Festival Irmandiño de Moeche, convoca un concurso para elexir o cartel anunciador da 34ª edición do festival, que terá lugar os días 16 e 17 de agosto de 2013, e que se rexerá polas seguintes BASES.
Pódese solicitar máis información nos seguintes enderezos electrónicos: f.irmandino@yahoo.es ou irmandinos.moeche@gmail.com. Tamén no apartado “Contacto” da parte superior dereita da páxina web, así como nas diferentes redes sociais nas que temos presenza.
Moitas grazas.
17 Xoves Mai 2012
Posted Novas
inEtiquetas
Asalto ó Castelo, Día das Letras Galegas, Festival Irmandiño, galegos, Irmandade, irmandiños, Moeche, Principio, señores feudais
Neste ano 2012 no que algúns falan da fin do mundo, do remate dunha etapa e o comenzo doutra, de cambiar o xeito de pensar para afrontar os novos retos, nós decidimos pegar o salto ó universo das novas tecnoloxías. E aquí, fóra de fronteiras xeográficas, podemos abrir unha fiestra para persoas cun mesmo interés: o amor pola nosa terra, a nosa cultura e a nosa lingua, ese marabilloso tesouro que celebramos e reivindicamos neste Día das Letras Galegas.
O Festival Irmandiño naceu hai mais de 30 anos co obxetivo de reivindicar e difundir dun xeito festivo a nosa cultura e a nosa historia. Os veciños participaron e participan de xeito desinterasado, loitando por un obxetivo, rememorando ós nosos antergos, aqueles irmandiños que se levantaron en armas contra a opresión dos señores feudais. Por iso cremos que nestos tempos tan compricados temos que manter vivo o espiritú da Irmandade para que non esquenzamos os valores que tanto tempo levamos defendendo. E ainda que o Asalto ó Castelo só se fai un día ó ano, os 364 días restantes seguimos sendo irmandiños, seguimos sendo galegos.