Etiquetas
Acordeón, alegría, Beltaine, bodhran, bouzuki, chifres, espontaneidade, Festival Irmandiño, Fred Morrison, Gaitas, Galiza, grupo folk Polonia, guitarra, mandolina, Matheu Watson, música celta, paixón, Polonia, violín
Se o ano pasado tivemos o pracer de gozar da actuación de Fred Morrison e Matheu Watson este ano noso humilde festival tamén ten no seu cartel un dos grupos folk máis importantes de Europa.
Beltaine é sen dubida o grupo folk máis interesante de Polonia cun son propio, grazas á habilidade rara e valente de mesturar música celta tradicional con música moderna. Tamén se caracterizan por empregar infinidade de instrumentos (violín, bouzuki, mandolina, chifres, bodhran, acordeón, gaitas, guitarra,…….) Os seus concertos son todo un espectáculo tanto pola profesionalidade e vistuosismo dos seus músicos como pola paixón, alegría, espontaneidade e a interactuación co público.
O grupo naceu no ano 2002 e está composto por:
Adam Romanski – fiddle; Grzegorz Chudy – whistle, voz, acordeón, bombard, bansuri; Lukasz Kulesza – guitarra acústica; Bartlomiej Dudek – guitarra; Jan Kubek – tabla, caixón, djembe; Jan Galczewski – bouzouki, banjo,guitarra eléctricar, gaitas, bodhran y Mateusz Sopata – batería.
Seguídeos na súa páxina de Facebook ou picar na imaxe de abaixo e conduciravos á súa páxina web onde poderedes coñecer un pouco máis deles.