Etiquetas
Aguila Roja, Asalto ó Castelo, Castelo de Moeche, Dias de Futbol, Ferrol, ferrolán, Ferrolterra, Festival Irmandiño, galego, galegos, Galicia, Galiza, irmandiños, Javier Gutierrez Alvarez, Los serrano, Moeche, Sacho Irmandiño, Satur, Un franco 14 pesetas
Javier Gutiérrez, un dos actores galegos de maior éxito fará a lectura do pregón do Asalto ó Castelo.
Javier Gutiérrez, asturiano de nacemento pero ferrolán de adopción, é un actor cunha ampla e exitosa traxectoria teatral e televisiva. O seu rostro é moi coñecido pola sua participación en varias series de enorme éxito entre as qu
e destacan Los Serrano e sobre todo Aguila Roja onde leva anos interpretando o papel de Satur. No cine ten aparecido en comedias de gran éxito como El asombroso mundo de Borjamari y Pocholo, El otro lado de la cama, Días de fútbol, El penalti más largo del mundo,Torrente 3. O tamén actor Carlos Iglesias deulle un dos papeis protagonitas na súa primeira película como director: Un franco, 14 pesetas.
Pero quizaves onde ten acadado o maior recoñecemento profesional é no teatro, onde obtivo entre outros o prestixioso Premio Max polo seu papel en Argelino, servidor de dos amos. Destacan tamén os seus traballos coa compañía Animalario, como por exemplo Alejandro y Ana. Todo lo que España no pudo ver sobre la boda de la hija del presidente.
Deixámosvos co seguinte vídeo como mostra da súa grande interpretación na serie de Aguila Roja, onde nos permite facernos unha mellor idea de como o tiveron que pasar os nosos antepasados nasrevoltas irmandiñas por estas terras.