• Quen somos?
  • Novas
  • Historia
    • I a IX Edición
      • I Edición
      • II Edición
      • III Edición
      • IV Edición
      • V Edición
      • VI Edición
      • VII Edición
      • VIII Edición
      • IX Edición
    • X a XIX Edición
      • X Edición
      • XI Edición
      • XII Edición
      • XIII Edición
      • XIV Edición
      • XV Edición
      • XVI Edición
      • XVII Edición
      • XVIII Edición
      • XIX Edición
    • XX a XXIX Edición
      • XX Edición
      • XXI Edición
      • XXII Edición
      • XXIII Edición
      • XXIV Edición
      • XXV Edición
      • XXVI Edición
      • XXVII Edición
      • XXVIII Edición
      • XXIX Edición
    • XXX a XXXIII Edición
      • XXX Edición
      • XXXI Edición
      • XXXII Edición
      • XXXIII Edición
  • Roda
  • Programación
  • Concursos
    • I Relatos Irmandiños
    • Carteis para o XXXIV Festival
  • Merchandaising
  • Ser Irmandiño
  • Contacto

Festival Irmandiño de Moeche

~ XXXIV Edición

Festival Irmandiño de Moeche

Tag Archives: música tradicional

Airiños dos Carrís: dando difusión ao noso folclore galego

08 Xoves Ago 2013

Posted by festivalirmandino in Festival, Novas

≈ 2 Comentarios

Etiquetas

Airiños dos Carrís, Cerdido, Ferrolterra, Festival Irmandiño, folclore galego, Gaitas, Galiza, música tradicional, muiñeiras, pandereita

Que vos imos contar deste grupo que non saibades se levan dende 1987 colaborando coa difusión do folclore galego, non só coa aprendizaxe e actuacións do seu propio grupo senón tamén organizando o encontro de grupos tradicionais que este ano é o 24 de Agosto.

Compóñeno aproximadamente 25 membros que van dende os 6 aos 38 anos e catro profesores para guialos. Este ano fixo un pequeno salto ás novas tecnoloxías polo que podedes seguir as súas actuacións en Facebook, twitter @Carris_Cerdido e youtube; todo iso para dar ao folclore galego o posto que se merece, para que non desapareza polo seu valor histórico, e sexa trasmitido e difundido por todos os medios ao noso alcance.

Actuaron no Festival de Ortigueira deste ano… Vas deixar pasar esta oportunidade?

Airiños dos Carrís

Os Cempés: máis de 20 anos de música e festa

05 Luns Ago 2013

Posted by festivalirmandino in Festival, Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

asubío, Bombo, bouzouki, Clarinete, Ferrol, Ferrolterra, Festival Irmandiño, Gaitas, Galiza, instrumentos populares, música da Terra, música tradicional, pandereita, saxo, Zanfona

A unha escasa semana de que teña lugar o noso festival podémonos a analizar pouco a pouco o programa deste ano.

Poderíamos encher centos de liñas contando a historia dos Cempés pero non seríamos capaces de  describir o que un sinte disfrutando dun dos seus concertos, xa sexa nun pub, nunha festa patronal ou no escenario dalgún festival multitudinario. Así que nos limitamos a invitarmos a disfrutar da súa música o vindeiro día 17 de agosto.

O seu último traballo é TENTEMOZO, unha nova gravación na que participan máis de 50 artistas entre músicos, técnicos e creativos. Neste disco Os Cempés atopan novos camiños sonoros e recrean con novos timbres o seu propio son característico e único.
O repertorio é unha selección de músicas para bailar, as máis fermosas coplas e as mellores melodías do cancioneiro popular, arranxadas polo propio grupo agás novas composicións. O son de TENTEMOZO é unha exaltación do carácter acústico dos instrumentos populares, nunha sucesión de temas con arranxos que van dende o máis íntimo ao máis orquestrado, música da Terra para comezar unha revolución, e tamén para namorar, para bailar sen parar toda a noite, para rir, para sentir sensacións de tempos pasados ou como banda sonora dos presentes.

Os Cempés son na actualidade:

Antón Varela:  Gaitas; Serxio Ces:  Voz, bombo, pandeireta e asubío; Ramón Dopico: Percusións; Pablo da Lama:  Saxos e clarinete; Fernando Barroso:  Bouzouki; y Oscar Fernández: Zanfona e Voz.

Para máis información podedes visitar a Facebook ou seguilos en twitter @OsCempes.

Os Cempés, páxina web

Unha parte da súa discografía

Morriña de Repichoca

14 Venres Set 2012

Posted by festivalirmandino in Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Acordeón, As Pontes, Asalto ó Castelo, “música de taberna”, Castelo de Moeche, Festival Irmandiño, Frauta traveseira, Gaitas, galegos, Galicia, irmandiños, música tradicional, Moeche, Panndeireta

Entre lusco e fusco, cando o sol se vai, saímos do restaurado castelo de Moeche  en dirección á carpa que ano tras ano monta a organización.Dentro do toldo os compañeiros da AsociaciónCultural “Irmandiños de Moeche” bulen entre sarténs, parrillas e barrís de cervexa. Voltamos a vista hacia os que están por fóra da barra e alí atopamos un montón de caras coñecidas de veciños, compañeiros e amigos. A algúns vemolos case a diario, outros de vez e cando, pero hai xente coa que hai anos que non coincidíamos. É a hora das apertas e os bicos, de poñernos ó día de cómo van as nosas existencias, de cómo conseguimos capear o temporal da famosa crise erirnos das canas que testemuñan o paso do tempo. De súpeto, nunha esquina,comenza a soar unha gaita e logo anímase un tambor e un par de panderetas. Sonos nosos amigos de No Cómbaro, ós que logo se unirán máis músicos e bailadores.O son da muiñeira trasladanos anos atrais, cando éramos uns pícaros e pasabamos toda a noite saltando e correndo dun lado a outro do campeiro, rogándolle ós nosos pais que nos deixaran quedar ata o final do festival. E por unhas horas esquencemosa crise, as preocupacións e as canas e voltamos a disfrutar dunha noite de música en Moeche. Afortunadamente hai cousas que non cambian……

Grupos XXXIII Festival Irmandiño: Alén de Ancos

30 Luns Xul 2012

Posted by festivalirmandino in Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

bodhran, caixón, Ferrol, Festival Irmandiño, Fusión Folk, Gaitas, galegos, Galicia, irmandiños, música tradicional, Moeche, Ortigueira, Panndeireta, uileann pipe, whistles

Xa só nos falta falar do grupo que poñerá peche ó XXXIII Festival Irmandiño: Alén de Ancos.

Alén de Ancos (Galiza) 

Membros: Pablo Díaz (gaita, whistles e voz), Rubén Gomez (guitarra), Aitor Rodríguez (caixón e bodhran), Iago Casal (teclado e voz), Carlos Caaveiro (uileann pipe) e  Dolores Melgar (pandeireta). 

De ónde veñen? A banda comezou como un pasatempo para un grupo de amigos que eran coñecidos por formar parte de varios grupos folK da comarca de Ferrol. Veñen de participar na última edición do Festival do Mundo Celta de Ortigueira.

Qué fan? Fusión Folk, resultante da mestura de cancións tradicionais con temas de composición propia. Ademais da música tradicional galega, o seu son incorpora influencias do folk de nacións celtas como Irlanda, Escocia ou Asturias.

Alén de Ancos

Alén de Ancos

Alén de Ancos Facebook

Grupos XXXIII Festival Irmandiño: Pablo Seoane Grupo

27 Venres Xul 2012

Posted by festivalirmandino in Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Acordeón, Clarinete, Festival Irmandiño, Gaitas, galegos, Galicia, irmandiños, mazurcas, música tradicional, Moeche, muiñeiras, pasodobles, percusionista, rumbas, xotas, Zanfona

Estamos ás portas dunha estupenda fin de semana e nada millor que un chisco de música para disfrutar do tempo de lecer. “Pablo Seone grupo” serán os encargados de seguir coa festa tras o tradicional Asalto ó Castelo. O seu son persoal e alonxado de calqueira estereotipo ou ortodoxia busca ofrecer unha visión ampla de todos os ritmos que compoñen a música tradicional galega, dende as muiñeiras ás rumbas, pasando por xotas, pasodobles, mazurcas e valses, e tendo a gaita como instrumento conductor.

Pablo Seoane Grupo (Santigo de Compostela) 

Membros: Diego Rosende (percusionista), Manuel del Rey (percusionista), Gutier Álvarez “Guti” (zanfoña e violín), Javier Sexto (acordeón), José López “Josele” (clarinete e saxo), Sergio González Taboada (técnico de son),  Manuel Abraldes (baixo eléctrico),  Pablo Seoane  (gaitas).

 

Qué fan?Buscan ofrecer unha visión ampla de todos os ritmos que compoñen a música tradicional galega, dende as muiñeiras ás rumbas, pasando por xotas, pasodobles, mazurcas e valses, e tendo a gaita como instrumento conductor. O resultado é un son heteroxeneo e persoal, alonxado de calquera estereotipo ou heterodoxia.

Pablo Seoane Grupo

Grupos XXXIII Festival Irmandiño: Berros do Castro

23 Luns Xul 2012

Posted by festivalirmandino in Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

Acordeón, cancioneiros, Clarinete, Eume, Festival Irmandiño, Gaitas, Galicia, irmandiños, música tradicional, Moeche, Ortegal

No hai millor xeito de empezar a semana que achegarnos un pouco máis a outro dos grupos que estarán no Festival Irmandiño: Berros do Castro.

Berros do Castro

Membros: José E. Rodríguez (acordeón), Ramón Dopico (percusión), Marcos Gómez (percusión), Bruno Casal (gaita), Xosé L. Loureiro (clarinete), Antón Varela (gaitas e frauta).

Berros do Castro

Berros do Castro

De ónde veñen? Berros do Castro é un grupo de música tradicional formado hai xa máis de dez anos por intérpretes procedentes das máis prestixiosas agrupacións folclóricas e etnográficas das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Ao longo da súa traxectoria presentan un histórico de actuacións moi variado en canto á sua tipoloxía: festas populares e romarías, vodas e cerimonias relixiosas, festivais musicais celebrados en Galicia e noutras lugares do Estado, actos públicos oficiais, etc.

Qué fan? O seu repertorio confórmano pezas de música tradicional galega recuperadas de cancioneiros, como o “Cantos e bailes da Galiza” de J. Inzenga ou o “Cancionero Musical de Galicia” de Casto Sampedro; traballos de campo; ou pezas procedentes do repertorio de grupos tradicionais de renome en Galicia, entre outros, Raparigos, Os Cruceiros, Os Rosales ou os Gaiteiros de Soutelo de Montes.

Grupos XXXIII Festival Irmandiño: No Cómbaro

20 Venres Xul 2012

Posted by festivalirmandino in Novas

≈ Deixar un comentario

Etiquetas

As Pontes, “música de taberna”, Bombo, Clarinete, Ferrolterra, Festival Irmandiño, Frauta traveseira, Gaitas, galegos, Galicia, irmandiños, música tradicional, Moeche, Panndeireta, Pasarrúas, Tambor, Vellos Gaiteiros, Zanfona

Cando xa estamos a menos dun mes para disfrutar da 33ª edición do Festival Irmandiño, imos ir pouco a pouco presentando os grupos que van participar este ano. Empezaremos por No Cómbaro……

No Cómbaro  (As Pontes)

No CombaroCompoñentes: Aurora (bombo), Carlos (clarinete), Manolo Lamas (gaita), Manolo Seijo (zanfona), Mari (panndeireta), María (tambor), Raquel (gaita é percusión) e Raúl (frauta traveseira e gaita).

De ónde veñen? O grupo de música tradicional No Cómbaro fórmase en As Pontes (A Coruña) no ano 2003, empezando a súa traxectoria como cuarteto tradicional con dúas gaitas, tambor é bombo. Co transcurso dos anos fóronse incorporando outros instrumentos como  a zanfona, a frauta traveseira e o clarinete hasta completar a formación actual composta por oito membros.

Os inicios das súas actuaciones foron coas Alboradas e os Pasarrúas, percorrendo as comarcas do Eume, Terra Chá e Ferrolterra. Participaron tamén en diversos festivais da zona. Desprazáronse no ano 2006 ata a localidade bretona de Lesneven. No ano 2007 participaron no 6º festival folclórico de Rio Tinto (Portugal), no ano 2010 asistiron as “III Jornadas de Música Tradicional del Bierzo”, e no 2011 viaxaron a Andalucía para participar no 29º Festival Internacional de Cádiz.

Qué fan? Eles mesmos definen a súa música como “música de taberna”, pero con este proxecto, ademais de disfrutar, intentan divulgar, dignificar e manter viva a esencia da música tradicional galega, dándolle un estilo propio pero mantendo e conservando o repertorio tradicional dos “Vellos Gaiteiros”.

Visitas

contador de visitas
contador visitas

Para entendernos…

Fai clic para seguir este blog e recibir notificacións de novas mensaxes por correo electrónico.

Úneche a outros 11 subscritores

Tamén estamos no facebook

Tamén estamos no facebook

E no twitter

  • RT @OlloDixital: Recunchos de Galicia: Castelo de Moeche #irmandiños #castle #foto #photo facebook.com/ollodixital/ph… https://t.co/c51vEx4IhJ 7 years ago
Follow @FestivalMoeche

A. C. Irmandiños de Moeche

Como chegar

CONTA ATRÁS

Festival Irmandiño17/08/2013
O GRAN DÍA!!! ASALTO AO CASTELO!!!

ARQUIVO

  • Agosto 2013
  • Maio 2013
  • Marzo 2013
  • Xaneiro 2013
  • Decembro 2012
  • Setembro 2012
  • Agosto 2012
  • Xullo 2012
  • Xuño 2012
  • Maio 2012

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
  • Seguir Seguindo
    • Festival Irmandiño de Moeche
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • Festival Irmandiño de Moeche
    • Personalizar
    • Seguir Seguindo
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Report this content
    • View site in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...