Etiquetas
Acordeón, cancioneiros, Clarinete, Eume, Festival Irmandiño, Gaitas, Galicia, irmandiños, música tradicional, Moeche, Ortegal
No hai millor xeito de empezar a semana que achegarnos un pouco máis a outro dos grupos que estarán no Festival Irmandiño: Berros do Castro.
Membros: José E. Rodríguez (acordeón), Ramón Dopico (percusión), Marcos Gómez (percusión), Bruno Casal (gaita), Xosé L. Loureiro (clarinete), Antón Varela (gaitas e frauta).
De ónde veñen? Berros do Castro é un grupo de música tradicional formado hai xa máis de dez anos por intérpretes procedentes das máis prestixiosas agrupacións folclóricas e etnográficas das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Ao longo da súa traxectoria presentan un histórico de actuacións moi variado en canto á sua tipoloxía: festas populares e romarías, vodas e cerimonias relixiosas, festivais musicais celebrados en Galicia e noutras lugares do Estado, actos públicos oficiais, etc.
Qué fan? O seu repertorio confórmano pezas de música tradicional galega recuperadas de cancioneiros, como o “Cantos e bailes da Galiza” de J. Inzenga ou o “Cancionero Musical de Galicia” de Casto Sampedro; traballos de campo; ou pezas procedentes do repertorio de grupos tradicionais de renome en Galicia, entre outros, Raparigos, Os Cruceiros, Os Rosales ou os Gaiteiros de Soutelo de Montes.