Etiquetas
asubío, Bombo, bouzouki, Clarinete, Ferrol, Ferrolterra, Festival Irmandiño, Gaitas, Galiza, instrumentos populares, música da Terra, música tradicional, pandereita, saxo, Zanfona
A unha escasa semana de que teña lugar o noso festival podémonos a analizar pouco a pouco o programa deste ano.
Poderíamos encher centos de liñas contando a historia dos Cempés pero non seríamos capaces de describir o que un sinte disfrutando dun dos seus concertos, xa sexa nun pub, nunha festa patronal ou no escenario dalgún festival multitudinario. Así que nos limitamos a invitarmos a disfrutar da súa música o vindeiro día 17 de agosto.
O seu último traballo é TENTEMOZO, unha nova gravación na que participan máis de 50 artistas entre músicos, técnicos e creativos. Neste disco Os Cempés atopan novos camiños sonoros e recrean con novos timbres o seu propio son característico e único.
O repertorio é unha selección de músicas para bailar, as máis fermosas coplas e as mellores melodías do cancioneiro popular, arranxadas polo propio grupo agás novas composicións. O son de TENTEMOZO é unha exaltación do carácter acústico dos instrumentos populares, nunha sucesión de temas con arranxos que van dende o máis íntimo ao máis orquestrado, música da Terra para comezar unha revolución, e tamén para namorar, para bailar sen parar toda a noite, para rir, para sentir sensacións de tempos pasados ou como banda sonora dos presentes.
Os Cempés son na actualidade:
Antón Varela: Gaitas; Serxio Ces: Voz, bombo, pandeireta e asubío; Ramón Dopico: Percusións; Pablo da Lama: Saxos e clarinete; Fernando Barroso: Bouzouki; y Oscar Fernández: Zanfona e Voz.
Para máis información podedes visitar a Facebook ou seguilos en twitter @OsCempes.