VI FESTIVAL IRMANDIÑO
16 e 17 de agosto de 1985
Coa presenza de varios milleiros de persoas a sexta edición do Festival comenza o venres 16 no interior do castelo. Trala presentación os asistentes puideron disfrutar da representación da obra “CAPRICHO DE DEUSES” a cargo da COMPAÑÍA DE TEATRO DE ANTÓN BOLAÑOS e a actuación de tres grupos noveis da música galega.
O día 17 levaronse a cabo as exposicións no castelo, o xantar-sardiñada e as actuacións de : DONAS E GALÁNS, JEI NOGUEROL, NA LÚA, SARAIBAS e MILLADOIRO. Á medianoite tivo lugar o Asalto ó Castelo.
Organizou: ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “CASTELO DE MOECHE”
Colaboraron: Deputación Provincial de A Coruña