VII FESTIVAL IRMANDIÑO
22 e 23 de agosto de 1986
Durante a primeira xornada, e despois do pregón, a Compañía de Teatro LUIS SEOANE representou a obra FORZAS ELÉCTRICAS.
A segunda xornada contou cunha mostra de artesanía no interior do castelo, o tradicional xantar-sardiñada e as actuacións de: RIANDOLA, LUAR NA LUBRE, UXÍA, ALECRÍN, XOCALOMA e NA LÚA.
O tradicional Asalto ao Castelo tivo lugar á medianoite.
Organizou: ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “CASTELO DE MOECHE”