VIII FESTIVAL IRMANDIÑO
22 de agosto de 1987
Esta edición viuse reducida a unha soa xornada e nin sequera foi posíbel organizar as exposicións no castelo. O motivo foi a proximidade das eleccións municipais, que tiveron lugar en maio, e o feito de que unha gran parte dos organizadores do festival se presentaban nas listas electorais.
De feito, á chegada ó goberno municipal de varias destas persoas fixo que comenzara unha nova etapa na que o Festival Irmandiño pasou a estar oganizado polo Concello de Moeche, aínda que coa colaboración de varias asociacións de municipio.
O festival comenzou coa sardiñada para de seguido pasar ás actuacións de: RIANDOLA,BERCE, LA MUSGAÑA, ALECRÍN, SARAIBAS e NA LÚA.
O tradicional Asalto ao Castelo tivo lugar á medianoite.
Organizou: ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “CASTELO DE MOECHE” e Concello de Moeche
Colaboraron: Deputación Provincial de A Coruña