XI Edición

XI FESTIVAL IRMANDIÑO

XI Festival Irmandiño de Moeche

17, 18 e 19 de agosto de 1990

Foi esta unha edición moi especial por dous motivos:

-practicamente a totalidade do movemento asociativo de Moeche participa na organización do festival

-os veciños de veciñas de Moeche, guiados por Paco, inesquecíbel mestre do Colexio Público San Ramón, representan o Asalto ó Castelo con traxes, ferramentas e instrumentos musicais da época, en moitos casos cofeccionados por eles mesmos. Os asaltantes partían de varios picos que enmarcan o val de Moeche e a súa vistosidade quedou na memoria de todos os asistentes.

O venres 17 ten lugar a primeira xornada da Feira de Artesanía e Etnografía no recinto feiral de San Ramón e pola noite os asistentes poden disfrutar no castelo do concerto da Banda Xuvenil do Padroado da Cultura do Concello de Narón e dunha representación do Taller de Teatro dese mesmo concello.

O sábado ten lugar a segunda xornada da Feira de Artesanía e Etnografía onde, ao longo de todo o día, o público pode disfrutar das actuacións de diversos grupos de baile tradicional: ACOUGO (da A.VV. de A Graña-Ferrol), Grupo de Baile da A.VV. de Serantes, GAMELAS E ANDURIÑAS e ATURUXO.

Pola serán teñen lugar  as actividades no campo de Melle, comenzando coa tradicional sardiñada e seguindo coas actuacións de : RIANDOLA, ATURUXO, LUAR NA LUBRE, XOCALOMA E LABANDA. O punto álxido ten lugar ás 12 da noite, cando os veciños fan a representación do Asalto ó Castelo.

O domingo clausurase a Feira de Artesanía e Etnografía coas actuacións de varios grupos de música e baile tradicional da comarca de Ferrolterra: RUEIROS, NOS, Escola de Baile e Gaitas de Mugardos, Escola de Baile e Gaitas de Narón. O grupo RIANDOLA pon o peche a unha edición memorabel do Festival Irmandiño.

Organizaron:

-A.VV. “CASTELO DE MOECHE”

-Concello de Moeche

-Agrupación Xuveníl RIANDOLA,

-Sociedade Recreativa e Cultural “El Fenix”  

-APA do Colexio Público San Ramón de Moeche

 

Colaboraron: Deputación Provincial de A Coruña e  Consellería de Industria da Xunta de Galicia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s