XIX Edición

XIX FESTIVAL IRMANDIÑO

XIX Festival Irmandiño de Moeche

21 e 22 de agosto de 1998

Nesta edición retómase a celebración de concertos de música folk durante os dous días de festival.

O festival comenzo o venres 21 de agosto coa representación no recinto do castelo da bora “Anxélica no umbral do ceo” de Eduardo Blanco Amor a cargo do Colectivo Teatral “ O Castelo” dirixido por Roberto Casteleiro.

A noite complétase coas actuacións no campo de Melle dos grupos: DOMINE CABRA, A MACUCA e CACHIMONIA. A organización trata así de servir de escaparate a grupos noveis, algo que se manterá nas seguintes edicións.

O sábado 22 celebrase a Primeira Marcha Irmandiña, que parte do Mosteiro do Couto de despois de percorrer 30 km chega ao castelo de Moeche ao mediodía. Xa pola noite comenza a sardiñada popular e actúa: PALOMA SUANZES, OS CEMPÉS, LLAN DE CUBEL (Asturias) e MICK O´BRIEN BAND (Irlanda).

 

Organizou: Asociación Cultural “Castelo de Moeche”

Colabararon: Deputacion Provincial de A Coruña e AiE

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s