XV Edición

XV FESTIVAL IRMANDIÑO

imagen no disponible

19, 20, 21 e 22 de agosto de 1994

O Concello de Moeche volve a ser a única entidade organizadora, pero ese ano os veciños participan activamente e  deciden crear poucas semanas despois a Asociación Cultural “Castelo de Moeche”, que agrupará a  persoas que xa viñan colaborando coa organización do festival dende outras entidades  (asociación de veciños, asociacións xuvenís e culturais,…) e contará con novas incorporacións.

Durante os catro días que dura esta edición, permanecen expostas na Escola de O Pereiro as pezas de cerámica feitas polos alumnos da Escola Obradoiro de Moeche.

A primeira xornada conta coa actuación da CORAL POLIFÓNICA ORTEGANA e a representación da obra “Fisterra-Broadway” a cargo do grupo teatral COMPAÑÍA DE MARÍA, integrado polas actrices María Bouzas e María Pujalte.

O sábado o público asistente pode disfrutar da sardiñada, o Asalto ao Castelo e as actuacións de: O SON DO SOR, ROBALEIRA, NORDÉS, CALIMBORNIO, IRIADONA e CRAPCEOL (Irlanda).

O domingo o GRUPO CAROZA representa a obra “A hora de Evaristo Freire”, á que segue a proxección da película “Jurasic Park”.

O luns cluusurase esta edición do festival coa proxección ao aire libre da película “Un mundo perfecto”.

Organizou:  Concello de Moeche

Colaborou: Deputación Provincial de A Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s