XVI Edición

XVI FESTIVAL IRMANDIÑO

XVI Festival Irmandiño de Moeche

18 e 19 de agosto de 1995

No ano 1995   comenza unha nova etapa  que durará máis de 15 anos, durante a cal a organización do Festival Irmandiño estará en mans da Asociación Cultural “Castelo de Moeche” e que coincidirá cunha nova auxe da música folk no noso país. Esta asociación chega a contar con máis de 70 socios, moitos dos cales xa formaron parte da organización do festival en etapas anteriores.

A andaina da Asociación Cultural “Castelo de Moeche” foi moi compricada, xa que tivo que facer fronte a uns orzamentos cada vez máis altos, con escasas axudas institucionais. Esto obrigou  á asociación a organizar outros eventos coa fin de recadar o diñeiro suficiente. Entre estos eventos merece unha mención especial a Festa do Queixo, na que axudaban todolos gandeiros do concello, cedendo en todo ou en parte a súa producción de leite para confeccionar, coa colaboración da empresa Lacteos de Moeche, un gran queixo, que nalgunha edición chegou a sobrepasar os 1000 kg de peso. Grazas o diñeiro recadado coa venta deste queixo e, sobre todo, grazas á colaboración do público que ano a ano se achega a Moeche,a asociación cultural foi quen de sacar adiante o Festival Irmandiño durante moitas edicións.

O festival recupera o concurso para elexir o cartel anunciador.

O venres 18 de agosto desenvólvense as actuacións  da Xoven Banda de Narón e a Agrupación Artística Bohemios na marco da Igresa parroquial de San Xurxo. A poucos metros dalí, no castelo, ten lugar máis tarde una representación teatral a cargo de COLOM E CADAVAL que presentan a súa obra “Falar x Falar”.

Na mañá do sabado 19 inaugúrase no castelo una exposción etnográfica na que se amosan diversas pezas cedidas para a ocasión por veciños do concello de Moeche e arredores.

Ao mesmo tempo, na Igrexa parroquial de San Xurxo, os visitantes poden contemplar a obra relacionda cos Irmandiños do artista ferrolán Braxe.

A partir das 8 do serán, no campo de Melle, comenzan os actos centrais do Festival coa tradicional sardiñada e as  actuacións de: AIRIÑOS DOS CARRÍS, BANDA DE GAITAS TERRA DE TRASANCOS, GALLAECIA, BAILA NA CRIBA, OPHIUSA, LASTRO DO BARDO  e o grupo bretón DEN.

O Asalto ao Castelo, no que participan centenares de persoas, acompañase dun espectáculo pirotécnico a cargo da empresa MILLARENGO, quen ata a actualidade se ven encargando todolos anos de levar a cabo dito espectáculo.

 

Organizou: Asociación Cultural “Castelo de Moeche”

Colabararon:

Deputación Provincial de A Coruña 

Artistas, Intérpretes y Ejecutantes

Concello de Moeche

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s