XVII Edición

XVII FESTIVAL IRMANDIÑO

XVII Festival Irmandiño de Moeche

16 e 17 de agosto de 1996

No seo da asociación xorde o Colectivo de Teatro “O Castelo”, integrado por afeccionados, que porá en escea a obra OS IRMANDIÑOS de Daniel Cortezón (premio Santiago Rusiñol do X Festival de Teatro, Sitges 1977) baixo a dirección de Roberto Casteleiro. Esta representación vai ter unha grande repercusión mediática, chegando a ser noticia nos informativos de TVE e  numerosas emisoras de radio, tanto galegas como estatais. A obra representada polo Colectivo O Castelo será o acto central do venres 16, xornada que se completará cunha conferencia de Fernando Dopico Blanco sobre “Os irmandiños e o castelo de Moeche” e o concerto do Grupo de Metais de Santa Cecilia.

Durante o sábado 17 podese visitar no recinto do castelo unha mostra de artesanía e pintura. Ao chegar o serán, os asistentes poden disfrutar das actuacións de : ALXIBEIRA, RAPARIGOS, PAPAQUEIXOS, FAUBOURG DE BOIGNARD, NA LÚA e CEMPÉS.

Os actos do XVII Festival Irmandiño completanse coa convocatoria do Primeiro Premio Irmandiños de Investigación Histórica, dotado cun premio de 100.000 pesetas a publicación do traballo  gañador na revista Concepción Arenal.

Organizou: Asociación Cultural “Castelo de Moeche”

Colabararon: Concello de Moeche, Obra Social Caixa Galicia, AiE, Deputación Provincial de A  Coruña Consellería de Familia, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s