XVIII FESTIVAL IRMANDIÑO
22 e 23 de agosto de 1997
A Asociación Cultural “Castelo de Moeche” enfrontase a unha compricada situación económica, pois arrastra débedas de edicións anteriores que fan perigar o fúturo do festival. Finalmene, e grazas a colaboración dalgunhas empresas que aprazan o cobro dos servizos prestados, a asociación decide organizar unha nova edición do Festival Irmandiño, que contará cunha asistencia masiva de público, con estimacións que superan as 10.000 persoas.
O festival comenza o venres 22 coa representación da obra de Daniel Cortezón “PEDRO MADRUGA” a cargo do Colectivo Teatral “ O Castelo” baixo a dirección de Roberto Casteleiro.
O sábado 23, trala tradicional sardiñada, os asistentes disfrutan das actuacións de : BUXAINA, HARZ HAIS, XOSÉ MANUEL BUDIÑO E GRUPO, BERROGÜETO e BÁGOA DA RAÍÑA.
Organizou: Asociación Cultural “Castelo de Moeche”
Colabararon: Deputacion Provincial de A Coruña e AiE