XXII Edición

XXII FESTIVAL IRMANDIÑO

XXII Festival Irmandiño de Moeche

17 e 18 de agosto de 2001

O venres 17 comenzaron os actos coa representación da obra “Porque Jimmy Hendrix tamé comía cachelos” a cargo do grupo de teatro FRIDON ESPIK TEATRO. Pero, tal e como xa acontecera na edición anterior, as inclemencias metereolóxicas obrigaron a suspender os concertos previstos para despois dos grupos: SEXFOLIA, MUXAREGA, BRIGANTHYA (Euskadi).

O sábado 18 millora a climatoloxía e o público asistente pode disfrutar das actuacións de: AIRIÑOS DOS CARRÍS, LA HERMANA CRUEL (Madrid), UZ, GORDON DUNCAN (Escocia), NASTINARKCA (Bulgaria) e BRIGANTHYA (Euskadi).

Como todos os anos, á medianoite levouse a cabo a lectura do pregón previo ao asalto, que correu a cargo como en edicións anteriores do poeta local Alfonso Venancio.

Tras dous anos seguidos padecendo as inclemencias metereolóxicas, o festival queda nunha situación de déficit que se verá agravada pola falla de axudas institucionais.

Organizou: Asociación Cultural “Castelo de Moeche”

Colabararon: Concello de Moeche

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s