XXVI FESTIVAL IRMANDIÑO
19 e 20 de agosto de 2005
A Asociación Cultural “Castelo de Moeche” pasa por un dos seus peores momentos coa morte nun accidente no transcurso do Rallie de Narón dun dos seus socios máis activos, Alberto González, a quen se lle adica esta 26ª edición do festival.
O venres 19 ten lugar a representación da obra de teatro “A Pousadeira” a cargo de Sociedade Cultural A Pombiña. De seguido actúan os grupos: ESTORBAND (Madrid), BRENA LA MÚSICA (Cantabria) e os ZIRIKOLLOS.
O sábado 20 de agosto teñen lugar as actuacións de : ROBALEIRA, XIRAMONIO (Madrid), LUÉTIGA (Cantabria) e GUEZOS.
Coma ven sendo tradicional dende hai moitos anos, á medianoite faise a lectura do pregón e o Asalto ao Castelo.
Nesta edición hai que destacar a colaboración do Goberno de Cantabria que ese ano está a promocionar o Año Santo Liebaniego e subvenciona as actuacións de grupos cántabros noutras Comunidades Autónomas.
Organizou: Asociación Cultural “Castelo de Moeche”
Colabararon: Concello de Moeche, Deputación Provincial de A Coruña e Gobierno de Cantabria