XXX Edición

XXX FESTIVAL IRMANDIÑO

XXX Festival Irmandiño de Moeche

 22  de agosto de 2009

No verán de 2009, e tras varios anos pechado polas obras rehabilitación, o castelo de Moeche abre de novo ao público. A Asociación Cultural “Castelo de Moeche” organiza unha xornada de portas abertas no castelo, onde os numerosos curiosos puideron disfrutar dunha mostra de traballos feitos polos “Artesáns do Eume” e unha exposición sobre o cómic “Os Lobos de Moechedo debuxante Manel Craneo. Ademais, durante toda a xornada, o compositor Jorge Angel Batoca ameniza coa súa música aos visitantes.

Ao mediodía ten lugar un xantar-sardiñada nas inmediacións do castelo.Pola tarde os nenos disfrutan dun obradoiro a cargo da compañía os Ghazafelhos con “Teatriños de Cartón. Posteriormente, tanto nenos como maiores poden participar nunha olimpiada de xogos populares.

Pola noite actúan: SARAIBAS&BALAKANDRA, BELLÓN&MACEIRAS QUINTETO, LAMATUMBÁ e MALLACÁN (Aragón).

O debuxante Manel Cráneo é o encargado de facer a lectura do pregón que precede ao Asalto ao Castelo.

Organizou: Asociación Cultural “Castelo de Moeche”

Colabararon: Concello de Moeche, Deputación Provincial de A Coruña e Euroeume

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s