XXXI Edición

XXXI FESTIVAL IRMANDIÑO

XXXI Festival Irmandiño de Moeche

21  de agosto de 2010

A Asociación Cultural “Castelo de Moeche” enfrontase ó peor momento nos seus máis de 15 anos de historia, xa que arrastra grandes perdas económicas que rematarán por levala meses despois á súa desaparición. Ademáis, apenas un mes antes da celebración do festival un tráxico accidente de tráfico sega a vida de Raquel Novo e Esteban Orjales, membros da directiva da asociación e duas das persoas que máis traballaron ó longo dos últimos anos a prol do Festival. Este tráxico suceso obriga a suspender o acto de presentación do XXXI Festival Irmandiño, que estaba previsto realizar o día 11 de xullo no castelo.

Pese a todos os problemas, os membros da Asociación Cultural “Castelo de Moeche” deciden seguir adiante coa organización do festival, que ten lugar o sábado 21 de agosto.

As actividades comenzaron as 10.00 h coa apertura ao público do castelo, onde os asistentes puideron disfrutar dunha mostra de etnografía e oficios tradicionais na cal se amosaron ferramentas e pezas propias de oficios como costureira, zapateiro, zoqueiro, cesteiro, etc. Durante a mesma tamén se contou co participación de 3 cesteiros que fixeron unha demostración en vivo do seu oficio.

As exposicións estiveron amenizadas pola música ambiental do compositor local Angelus Maerens.

A partir das 13.00 h tivo lugar a sardiñada popular, na que se puideron degustar sardiñas, empanada e viño. A comida estivo acompañada dunha repichoca popular.

Pola tarde levouse a cabo un obradoiro para os nenos no que a temática xiraba darredor do noso castelo e o asalto, levándose a cabo unha reproducción do mesmo empregando materiais reutilizables.

A partir das 18.00 h celebráronse as competicións de xogos populares (carreiras de sacos, a chave, tiro á corda…), destacando a celebración dunha das probas da Liga Nacional de Billarda (I Sacho Irmandiño)

Coa chegada da noite  comezaron as actuacións musicais de man dos grupos: SLAINTE (Cataluña), Alalé (Irlanda), Quempallou e Roncarela.

Como é costume, á medianoite interrompéronse as actuacións musicais para levar a cabo o Asalto ó Castelo, previa lectura do pregón a cargo da actriz Isabel Risco.

Organizou: Asociación Cultural “Castelo de Moeche”

Colabararon: Concello de Moeche, Deputación Provincial de A Coruña, Consellería de Cultura e Euroeume

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s