XXXII FESTIVAL IRMANDIÑO
19 e 20 de agosto de 2011
A finais de 2010 a Asociación Cultural “Castelo de Moeche”, que levaba organizando o Festival Irmandiño dende o ano 1995, anuncia a súa disolución xa que non pode facer fronte ás débedas económicas. Este feito fai perigar o fúturo do festival ata que un grupo de persoas vencelladas de distinto xeito a Moeche deciden constituír una nova entidade co propósito de promover, fomentar e difundir as manifestacións artísticas, culturais e tradicionais galegas así como o noso idioma e o partrimonio cultural, tanto material como inmaterial.
Nace así o doce de nadal de 2010 a Asociación Cultural “Irmandiños de Moeche”, entidade que pasa a facerse cargo da organización do Festival Irmandiño. As actividades empezan xa a desenrolarse nos primeiros meses do ano 2011.
No mes de marzo convocase o tradicional concurso para elexir o cartel anunciador do festival. As bases do concurso son enviadas ós medios de comunicación e a diversos centros de ensino. A elección do cartel gañador dase a coñecer o día 17 de maio, coincidindo coa data de celebración do Día das Letras Galegas. A entrega do premio (200 euros e un agasallo conmemorativo) faise en agosto, durante os actos do festival.
O día 3 de xullo asociación, en colaboración con Euroeume, organiza un acto de presentación do XXXII Festival Irmandiño no recinto do castelo de Moeche. A actividade principal é a I RODA IRMANDIÑA, unha proba deportiva e cultural onde os participantes deberán percorrer un circuito de 15 km e superar varias probas de habilidade, así coma un test sobre a historia de Moeche, o seu castelo e o Festival Irmandiño. A convocatoria ten un gran éxito pois participan máis de 20 equipos. Todos os participantes reciben un pequeno agasallo.
A xornda completase coa actuación do grupo de música tradicional NO COMBARO.
O venres 19 de agosto comenza o festival coa celebración dunha repichoca popular na que participan músicos aficionados e profesionais.
As actividades continuan o sábado 20 de agosto coa apertura ó público do castelo onde os visitantes poden disfrutar dunha exposición de traxes e complementos tradicionais galegos.
Os nenos e puideron disfrutar dunha exposción de xoguetes tradicionais ao mesmo tempo que aprendían como fabricalos.
No exterior do recinto do castelo varios artesáns expoñen a súa obra e fan unha demostración do seu traballo.
Pola tarde, os visitantes do castelo difrutaron dunha exibición de artes marciais históricas europeas, a cargo da Escola Naronesa de Esgrima Antiga.
Ao mesmo tempo, na zona de acampada gratuíta que a organización facilita a todos os asistentes, tanto maiores coma nenos puideron participar en distintos xogos populares (lanzamento de paca, tiro á corda, carreiras de sacos, carreiras de zancos,….)
Ás 22:00 comenzan as actuacións musicais a cargo de: BANDA DE GAITAS ROBALEIRA, MUXAREGA, LEILÍA, ALALÉ (Irlanda) e ESTIMABA QUE VIÑERAS.
A asistencia de público desborda todas as previsións e a organización fai unha estimación de máis de 10.000 persoas.
Durante toda a noite os asistentes puideron contemplar o espectáculo de luces que a empresa Dalle que libras proxectou sobre as paredes do castelo.
Pouco despois da medianoite tivo lugar o Asalto ao Castelo. Nesta edición sustituíse o tradicional pregón por unha pequena representación teatral a cargo de varios nenos e rapaces de Moeche que tentan expricar o contexto histórico das Revoltas Irmandiñas meténdose na pel de personaxes como Nuño Freire de Andrade e Roi Xordo.
Coma todos os anos, os participantes fan a toma do castelo con fachos e un espectáculo de luz e pirotecnia pon o broche de ouro ó Festival Irmandiño.