Bases:
1º) Poderán participar todas as persoas que o desexen.
2º) O tema será libre.
3º) O tamaño será de 50 x 65 cms e deberá contemplarse un espazo do cartel para engadir os logotipos da organización e das entidades colaboradoras.
4º) No cartel figurará obrigatoriamente o logotipo do Festival Irmandiño e o texto:
“XXXIV FESTIVAL IRMANDIÑO – MOECHE , 16 e 17 de agosto de 2013”
5º) Os traballos poderán ser enviados nun soporte físico (papel vexetal,cartolina ou similar) ou nun formato dixital (arquivo .pdf).
Os traballos en soporte físico enviaranse ó seguinte enderezo:
Café Bar O CASTELO
Castelo de Abaixo, s/n. San Xurxo, cp 15563 – MOECHE (A Coruña)
Os traballos en soporte electrónico enviaranse a un dos seguintes enderezos de correo electrónico:
6º) As obras pódense presentar ata o día 9 de maio; non se admitirán as que cheguen despois.
7º) Os orixinais poden estar asinados có nome do autor ou cun pseudónimo. En todo caso deberán facilitarse os seguintes datos: nome e apelidos e datos de contacto (número de teléfono, dirección postal e/ou email).
8º) O xurado estará composto polos membros da xunta directiva desta asociación, podendo esta delegar noutras persoas. O fallo do xurado será inapelable. O concurso pode quedar deserto se o xurado considera que ningunha das obras ten méritos de abondo.
9º) O fallo do xurado darase a coñecer o 17 de maio de 2011 coincidindo co Día das Letras Galegas.
10º) Establécese un único premio de 100 € e un agasallo conmemorativo. O cartel premiado pasará á propiedade da Asociación Cultural “Irmandiños de Moeche”, que o editará e distribuirá por toda Galicia. Asimesmo, a Asociación resérvase o dereito de basear o deseño das camisetas do Festival, total ou parcialmente, no deseño do cartel gañador.
11º) Poderase solicitar a devolución dos traballos non premiados ata o 31 de maio de 2013; podendo a A.C. “Irmandiños de Moeche” dispoñer libremente dos que queden no seu poder.
12º) A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.
Pingback: Concurso de carteis para o XXXIV Festival Irmandiño - GUIEIRO