II Edición

II FESTIVAL IRMANDIÑO

II Festival Irmandiño de Moeche

22 de agosto de 1981

O recinto de castelo quedou moi pequeno para acoller o público que acudira á primeira edición. Traladouse o escenario a unha zona próxima ao castelo á que se accededía por unhas pontes de madeira  feitas polos veciños e que atravesaban o antigo foxo da fortaleza.

Abriuse o festival a outras expresións da nosa cultura. No interior do castelo houbo exposicións de cerámica de Buño, discos, libros, tapices, debuxos e fotografía. Pero o máis salientábel foi a mostra de aparellos de labranza, cociña, fiadura, ….achegados pola veciñanza asi como vestixios dalgúns castros.

O debuxante galego SIRO,fixo a presentación do festival e da súa intervención cómpre destacar estas palabras: “o Festival Irmandiño ten unha trascendencia que excede o puramente folclórico. É un acto cultural no sentido amplo e profundo desta verba, é un acto de afirmación e recuperación cultural”.

De seguido actuaron: RETRINCOS, BUXOS VERDES, ALEN, BRÉTEMA, SARAIBAS  e MILLADOIRO.

Organizou: ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “CASTELO DE MOECHE”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s