XII FESTIVAL IRMANDIÑO
16, 17 e 18 de agosto de 1991
Repítese o esquema dos anos anteriores con tres xornadas de festival. A principal novidade é un concurso-exposición de marionetas feitas polos alumnos e alumnas da Escola Obradoiro de Moeche.
O día 16, ademais das exposicións no recinto feiral de San Ramón, o público pode disfrutar no castelo do concerto da CORAL DE MIÑO e unha representación a cargo do GRUPO DE TEATRO TEN (Narón).
No serán do sábado 17 teñen lugar no campo do festival as actuacións dos grupos: RIANDOLA, EIROS, XIEREU (Asturias), NA LÚA, ALECRÍN e MIRO (Escocia).
Como ven sendo tradicional, á medianoite ten lugar o Asalto ó Castelo, do que se encargan nesta ocasión os alumnos dea Escola Obradoiro de Moeche.
O domingo clausúrase a Feira de Artesania e Etnografía con diversas actuacións de grupos de música e baile tradicional da comarca e faise entrega dos galardóns do concurso de marionetas.
Organizou: Concello de Moeche, Agrupación Xuveníl RIANDOLA e Sociedade Recreativa e Cultural “El Fenix”
Colaborou: Deputación Provincial de A Coruña