Etiquetas
bodhran, caixón, Ferrol, Festival Irmandiño, Fusión Folk, Gaitas, galegos, Galicia, irmandiños, música tradicional, Moeche, Ortigueira, Panndeireta, uileann pipe, whistles
Xa só nos falta falar do grupo que poñerá peche ó XXXIII Festival Irmandiño: Alén de Ancos.
Membros: Pablo Díaz (gaita, whistles e voz), Rubén Gomez (guitarra), Aitor Rodríguez (caixón e bodhran), Iago Casal (teclado e voz), Carlos Caaveiro (uileann pipe) e Dolores Melgar (pandeireta).
De ónde veñen? A banda comezou como un pasatempo para un grupo de amigos que eran coñecidos por formar parte de varios grupos folK da comarca de Ferrol. Veñen de participar na última edición do Festival do Mundo Celta de Ortigueira.
Qué fan? Fusión Folk, resultante da mestura de cancións tradicionais con temas de composición propia. Ademais da música tradicional galega, o seu son incorpora influencias do folk de nacións celtas como Irlanda, Escocia ou Asturias.